Decálogo de motivos para odiar Galicia

Perante as acusacións verquidas sobre nós nestes días, en Galpón de Breogán non podemos ficar calados por máis tempo. Si, é certo, odiámonos a nós mesmos, porque somos feos e temos un pésimo sentido do humor, e tamén odiamos Galiza, por varios motivos:

  1. Porque chove
  2. Porque Galiza non fixo nada por nós.
  3. Porque todos os pratos tradicionais consisten en meter algo en auga e cocelo.
  4. Porque os cans de palleiro non falan.
  5. Porque o millo e as patacas en realidade veñen de América.
  6. Porque a gaita soa como un micho morto nunha psicofonía.
  7. Porque ninguén se pon de acordo en como hai que escribir o galego.
  8. Porque en realidade somos un grupo megalomaníaco que ten como meta final dominar o mundo e prohibir que se sigan a facer filloas en Carnaval. ¡Odiamos as filloas! (borrar isto antes de publicar)

9 Comentarios

Arquivado en Embigo

9 respostas a “Decálogo de motivos para odiar Galicia

  1. menos mal que era un decalogo, porque só hai oito.

    E comprendo que arreneguedes de galicia se cocedes a empanada, esa outra miragre da cociña galega.

  2. Os únicos motivos razoables que tes para odiar Galiza son eminentemente o 9 e o 10

  3. Si, ben, o feito de non saber contar tamén ten que ver con que odiemos Galicia. Somos xente moi frustrada.

  4. hahahaha, eu tamén odio Galiza porque as cuncas do caldo son máis grandes que as do viño!! hehehe

  5. Soares Channel

    Eu odio / amo este pais / nacion / naçom porque somos quen de ter un presidente e un vicepresidente que non se poñen dacordo co nome do que gobernan.

    E Iso e toda unha declaracion de principios.

  6. Eu odio este pais porque perdemos o gene do senso de Humor quando o Medulio e da Autocrítica lá polo século XII 😀

  7. Fredegario

    ¿Odiar? Qué exageración, tanto como amar… La indiferencia es mucho más saludable.

  8. Tsuname~T

    Ui, si… Algo odiosa si é a Galiza, si…
    E é ke che somos bastante estritos por eiki.
    Ós sitios, como S. Andrés dT.,
    mándannos ir canto menos unha vez.
    E xa non importa se nos negamos..
    Vai de morto o ke non foi de vivo.
    Manda truco, ein…
    Pero é ke ademais tmos toke de keda!
    Se máis tarde das 00:00 te botas a andar so..
    ‘Oi, oi, oi.!’ Como te atopes cun grupo de frikis almas en pena.. Mandanche levarlle-la cruz ke encabeza a súa deriva!
    Tócate o carallo! (esta xente nova…)
    Pr.. bo! Así somos Nós!
    E se nos amolamos ‘..Hai ke joderse..’
    E posto ke somosche moi estritos por eikí…
    A foder dito sexa..!
    XD
    Un saúdo.

  9. anacoreta

    Eso se cura con un buen polbo .
    Y aviso que la Barbi no se admite como animal de compañía .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s