Alimentos patrióticos

Polo Parvo de Cela

O ministerio invasor español de agricultura e pesca vén de facer un informe sobre o que máis se come en cada unha das comunidades dese país ficticio que deu en chamarse España. Xa sabemos que a este tipo de informe elaborado polo inimigo non se lle pode dar moita credibilidade porque teñen coma misión sementar a desconfianza no noso futuro nacional pero hai dúas conclusións que non nos poden deixar indiferentes:

*Os galegos non son líderes no consumo de ningún grupo de alimentos. O que constitúe un golpe moi duro á nosa autoestima como grandes comechóns.
*Os galegos deron as costas aos alimentos nacionais que deron en construír á hercúlea raza do pobo elixido sendo ademais (horror!!) os primeiros consumidores de aceite de oliva.

A raza non é o maior consumidor de peixe da Iberia, ten un consumo alto pero non dominante de carne e, sen embargo, consúmense en abundancia alimentos que non forman guerreiros coma hortalizas e verduras. A colonización gastronómica sométenos cunha clara intencionalidade por parte do estado de someternos a base de ensaladas.

O galego que queira ser do Galpón de Breogán debe almorzar un bo cocido e quentar o corpo cunhas cuncas de caldo, comer un prato máis consistente ao mediodía con nécoras, percebes e robalizas e pola noite, algo lixeiro coma unha parrillada de marisco.

Se hai unha cousa que une a todos os nosos do PP ou do Bloque, da Boina ou Urbanita e do Dépor ou o Celta é a nosa comunión ao redor dunha serie de alimentos onde encontramos reflectidas a nosa verdadeira entidade. Chamo a que nos reunamos en torno ao criollo, ao cachelo e á bertorella e proclamemos unha nova esperanza gastronómica para Galicia.

Epílogo: Un espantoso rosmido aterrorizou ao autor deste post. O GRAN MAL volvía asomar o fuciño.

9 Comentarios

Arquivado en Catástrofes, Uncategorized

9 respostas a “Alimentos patrióticos

  1. ¡Vaime sair un ollo disparado a esa foto!

  2. Fer

    Esse cozido nom leva orelha! Mal!

  3. oteixugo

    Fer, a orella xa a paparon, que Parvo de todo non é o de Cela

  4. Iso pasa porque a maioría dos galegos auténticos, os galegos do país, teñen o seu porquiño da casa, con sentenza de morte para o día de san martiño. Ademais, de todos sabemos que rende moito, que se lle aproveita todo, así que tardamos en pasar pola carnicería.
    Mais non só porco, senón que criamos polos, cuchos, coellos e mesmo rodaballos na poza da casa. Vale que os rodaballos non contan como carne, pero tamén están aí.
    Un respecto para o bacoriño da casa!!!

  5. E logho…aquí non hai nada pra beber?!. Merda de antro!

  6. “non forman guerreiros coma hortalizas e verduras” estaste a meter cos grelos?? Cos grelos non, eh!! Mira que chamo á Fronte de Libertaçom dos Grelos!! XD

    Ah, e con respecto a isto: “os primeiros consumidores de aceite de oliva” antes de que esa puta raíña de Castela moi Católica esa mandase talar os olivos da Galiza aquí facíase aceite… iso pásanos por apoiar sempre ó bando errado nas guerras…

  7. Non entendo qué ten de malo o non ser líderes en consumo de ningún tipo de productos. Iso, máis que dicir que non somos comechóns, amosa máis ben que comemos de todo.
    E se non consumimos tanto é porque, como dí Elianinha, conseguimos o alimento fóra dos circuitos comerciais: porco da casa, pitas da casa, ovos da casa, viño da casa e peixe… o que caia no lanse.
    En canto ao do aceite… a ver con qué carallo fago eu a alladiña para a caldeirada? e ao polbo? As cousas como son, non son tempos de fritir con saín.
    E comer verdura tamén é parte da nosa idiosincrasia: arrós con chícharos, patacas novas, repolos de Betanzos e mais cebolas. Esa é a nosa ensalada.
    Pero apúntome a túa dieta, dende logo. Viva o cocido, con orella e bolo de pote, alimento pan-galaico!

  8. Isaac ben de Alongos

    No es culpa nuestra. Los Gallegos somos buenos y generosos. Lo que pasa es que llevamos siglos comiendo cocido lisergico. Por eso hacemos lo que hacemos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s