As súas mmmúsicas!

O galponeiro Frouxeira remítenos a seguinte misiva:

“Queridos amigos. Durante a Semana Santa viñeron á miña casa uns señores do CEFOU e me levaron con eles a un campo de reeducación oculto no macizo central ourensán. Ó comezo non me gustaba nada, pero agora que xa me aprendín a Constitución de memoria, son feliz por primeira vez na miña vida. Por desgraza, non vou poder escribir esta semana, pero non vos preocupedes por min, que estou ben.”

Así as cousas, e con poucas ideas, aproveitamos que alguén nos nominou para o xogo ese en cadea das músicas sexuais para non deixar o día en branco. Non obstante, como nós somos criaturas asexuadas e pudorosas, decidimos que en vez de contar a nosa intimidade, iamos investigar que discos poñen os nosos políticos e famosillos cando lles chega o intre de amar. E estes son os resultados:

Emilio Pérez Touriño: I got the power. Puff Daddy.
Esther Cid Cadavid (señora de Touriño): Nunca te decides (Que si, que no). El símbolo.
Anxo Quintana González: Tu eres lo más lindo de mi vida. Marisol (o mesmo lla canta á súa muller que a Antón Losada).
Alberto Núñez Feijóo: You can’t always get what you want. The Rolling Stones.
Manuel Fraga Iribarne: Daddy Cool. Bonney M.
Dolores Villarino Santiago: Clint Eastwood. Gorillaz.
Alfredo Suárez Canal: Baixo os eucaliptos. Proxecto Mourente.
José Cuiña Crespo: Así, me gusta a mí. Chimo Bayo.
José Luis Baltar Pumar. Papi Chulo. Lorna.
Ánxela Bugallo Rodríguez: Every day I love you less and less. Kaiser Chiefs.
O compañeiro de Ánxela Bugallo (que prefire quedar no anonimato): ¿Y cómo es él?. José Luis Perales.
Xosé Sánchez Bugallo: La vie en rose, na versión longa de Grace Jones.
Javier Losada Azpiazu: Sin ti no soy nada. Amaral.
Xosé Clemente López Orozco: (Abre) La muralla. Ana Belén.
Corina Porro Martínez:
I should be so lucky. Kylie Minogue.
Miguel Anxo Fernández Lores:
I’m your man. Leonard Cohen.
Francisco Rodríguez Sánchez: Son las cosas del querer. Nin puta idea dos autores.
Jesús Ares, alcalde de Toques: Los lunnis. TVE
Bieito Lobeira Domínguez: I’m too sexy. Right Said Fred.
Óscar Pereiro Sio. Ain’t no mountain high enough. Marvin Gaye & Tammi Terrell.
Ana María Ríos: Simple Irresistible. Robert Palmer.
Ugío Caamanho: Spanish Bombs. The Clash.

Seguramente botaredes xente a faltar, ou se vos ocorren outras cancións mellores para estes. ¡Pois, veña! ¡Comentade!

10 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Embigo, Gafapastismo, Surreal

10 respostas a “As súas mmmúsicas!

  1. Ó Lores quédalle millor “El Señor Matanza” de Manu Chao… Palabra de Pontevedrés

  2. E Antón(io) Losada non ten canción propia?

  3. Antón(io) Losada non pon música para follar. Os berros de pracer que lles arrinca ás súas parellas son tan fortes que non podería escoitala.

  4. Quito o chapeu novamente. Xa se está a converter nun costume. ¡Grandes!

  5. Puro Lérez Pu*o Lores

    Non estou dacordo co anterior comentante.
    A canción que lle ven ben a Lores e algunha destas tres de Siniestro Total:

    Ayatollah! (1997).
    ¿A Quién Vas a Culpar? (2000).
    Sólo los Estúpidos Tienen la Conciencia Tranquila. (1995).

  6. pois eu quédome co tema de lores, ten muito de cohen…e acertas de máis con corina porro, vailhe que nem pintado…

  7. Elric

    Por que non “Barbie Girl” de Acqua para Porro?

    Para Suárez Canal: “Light my fire” dos Doors. “Ring of fire” de Johnny Cash, “This fire” de Franz Ferdinand…

  8. Para o secretário que enfretou com Losada: Great balls of fire de Jerry Lee Lewis (bom, de Otis Blackwell)

  9. Isaac ben de Alongos

    Has tenido suerte. Podian internarte en una residencia de ancianos de la red del CAGOU (Curas Armados Galegofantes Ourensans) Te convertirian en un CMOU ( Censado Movil Ourensan) y lo mismo votarias en Bande que Trives, eso si por Baltar.

  10. Nostromo

    Disimula que ya te has reeducado por que el siguiente paso es peor. condenarte a ver “Mareas vivas” en sesion continua. Para recoger las babas te pondrian un “mandilonga”. Cuando consigan la lobotomia irreversible, te nombraran funcionario docente de galescola con destino en Calvos de Randin ( Cuna de ilustres CEFOUS)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s