Deputacións, gaitas e dominación global

 

Grupo Paramilitar gaiteiro

Os visitantes habituais do Galpon coñecen a un temido grupo de poder ourensán na sombra, o Cefou. Outra organización máis perigosa tamén emerxe da terra dos funcionarios e do licor café. Máis visible que a súa paisana a Real Banda de Gaitas da Deputación Ourense sempre se moveu coma un poder paralelo e omnipresente en calquera acto festivo do Ántigo Réxime Boinil. Desde a chegada da esquizofrenia a San Caetano as aparicións deste sinistro e sincrético grupo de músicos tornáronse máis esporádicas. Por que?

Temos indicios de que esta sinistra banda podería estar a entrenarse en Faluya e Basora en tácticas de guerra de guerrillas con expertos do partido Baaz e terroristas de Al Qaeda. O seu campo de entrenamento no sur do orixe da civilización, coñecido como A Manchica, acolle a centos de violentos fanáticos da gaita cun obxectivo claro: reafirmar o poder divino e eterno das Deputacións.

O malvado plan levaría a constituír unha banda de gaitas en cada concello a través de fortes subvencións dos organismos provinciais correspondentes (para que outra cousa pode valer o diñeiro duna deputación). Estes pequenos exércitos ergueranse na noite e asasinarán con crueldade a todos os nenos do país (tampouco son moitos) se algún día os seus reinos feudais son ameazados polo Bispartito. A Deputación convertirase no que é de facto, unha institución eterna que xorde coma resposta ao espírito conservador e despilfarrador da administración galega e que reflicte como ningunha outra o localismo e tribalismo. As formacións paramilitares garantiría que a República das Catro Provincias volvera ás terras de Breogán.

9 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Música, Ourense, Seguridade, Uncategorized

9 respostas a “Deputacións, gaitas e dominación global

  1. frouxeira

    Xosé Lois Foxo como home na sombra do Baltarismo.

    A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense como copia das Xuventudes Hitlerianas para os futuros integrantes do Cefou.

    Tremede!!!

    (mensaxe enviado, baixo risco mortal, dende un campo de reeducación agachado antre A Veiga e Carballeda de Valdeorras: erguémonos ao son das gaitas para memorizar constitución e statuto coma nunha madrasa)

  2. x.

    non dirás o nome do licor café en van!

  3. madame o

    Todo bo réxime (o cefourismo) ten ben establecida a súa sección de coros e danzas. Que bonito é o folklore, mi ma.

  4. Exiliadoesquencido

    Esta banda non só emprega a forza bruta. Das súas ringleiras saíron estranos seres dispostos a hipnotizar a amplas capas da poboación con cabeleiras de cores cambiantes e peitos sen suxeitador. Ou é que non vos lembrades de Cristina Pato?

  5. Estes sinistros datos obran no poder de Antón Losada desde hai tempo. De feito xa existen, seino de boa fonte, comandos represivos de ghaiteiros arroutados e ghaiteiras rabudas para o combate contra estas bandas

  6. Isaac Ben de Alongosd

    La banda de gaitas de exterminio el CEFOU tambien tiene un brazo electoral – financiero. En la red de residencias de la tercera edad “El reverendo” tiene una industria cuyo objeto es desplumar viejas solteras intestadas para financiar el CEFOU. Los DNIs se conservan y pasan a formar parte de la brigada virtual – movil de censables que actuan indiscriminadamente inflando un censo aqui y otro alli. Por supuesto a las viejas las liquidan mediante el metodo tradicional del CEFOU : Endrojan el cola cao con polonio. Alguien sabe algo de esto?

  7. Isaac Ben de Alongosd

    Tengo nueva informacion. El CAGOU ( “Curas Armados Galego – falantes Ourensans”) Se que tiene un alijo de armas agachado por la parte de Entrimo. Segun mis informadores tienen hasta un MIG 25 ( Fox -Bat) ex sovietico, ademas de la consabida estufa de iglesia. Podeis confirmar esta informacion?

  8. Hahahaha. Sodes moi, moi grandes. 🙂

  9. Pingback: A REVOLUCIÓN CULTURAL DE BALTAR. « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s