Desaloxo progresivo

por Viriato

O Parlamento, o templo das leis galegas, o corazón e a alma do debate político. Un circo dirixido por unha domadora implacable. A carpa grande do Hórreo ven de ter unha das súas espectaculares sesións plenarias.

O primeiro número do día foi unha danza popular na que os tres grupos de deputados acordaron darlles a chapa ós cidadáns para que viaxen máis en bicicleta. A continuación, Touriño, Feijóo e Quintana, líderes entre líderes, organizaron un xogo de malabares a tres linguas, non que tiñan que describir o urbanismo galego pero sen dicir as seguintes palabras: Foz, Gondomar, Barreiros, corrupción, pufo, e ti máis, cárcere, investigación e remolacha. Tras moito falar e pouco dicir, despídense entre aplausos.

E, sen máis demora, chega a actuación estrela da tarde, a que todos agardaban, a que fixo que as entradas na revenda acadasen prezos inverosímiles. O conselleiro da Presidencia, as Administracións Públicas e a Xustiza, José Luis Méndez Romeu, completamente vestido de negro, levántase do seu escano e diríxese o centro do hemiciclo, mentres soa unha coñecida melodía. Sube ó atril, por orde do seu Presidente e Señor, disposto a explicar por que se lle ocorreu que barrer interinos a paus diante do Consello da Xunta era unha boa idea. As Nobres Voces dos tres partidos proceden a interrogalo:

Xosé Manuel Barreiro (PP): Entón, señor Méndez Romeu, ¿é certo que vostede personifica o Mal?
Romeu
: Non, ese posto xa está collido por Antón Losada. Eu o que personifico é a Astucia, de feito, se estou aquí é porque o presidente non me deixou poñer en práctica o meu plan para culpar de todo isto ós sindicatos (a CIG, especialmente), por entrenar ós seus afiliados para autolesionarse. Pero xa lle vendín a idea a Javi Losada, para o próximo lío cos do Obelisco.
Ismael Rego (PSOE)
: José, non fagas caso das maliciosas insinuacións do tipo este. ¡Como para fiarse del despois do que lle fixo a Cacharro! Eu sei que ti es boa persoa e que tes un michiño ó que lle queres moito. ¿Pode alguén que ama os animais ordenar unha cruenta carga policial?
Romeu
: Non, claro. Eu amo o meu gato, encántame acaricialo mentres tramo conspiracións e boto gargallagas malignas (Bwa-ha-ha!) E non, eu non ordenei unha carga, eu ordenei un desaloxo progresivo.
Carlos Aymerich (BNG)
: Grrr… ¿E non progresou rápido de máis, o desaloxo progresivo?
Romeu
: Ben, iso non é culpa miña. O que pasa é que o xefe da unidade estivera nos grises e pecou de exceso de celo. Para ser exactos, o desaloxo progresou así: Paso un, saudar. Paso dous: dicirlles que se foran. Paso tres: Guindalos a patadas polas escaleiras. Afortunadamente para todos, os interinos rendéronse antes de chegar ó paso catro, o disparo na caluga.

Este diálogo non sucedeu. Romeu aínda non foi falar o Parlamento, e de seguro que non será tan sincero. Total ¿que máis dá? Os que protestaban só eran interinos, home. Que se deixen de montar cirios e aproben a oposición, como todo o mundo.

5 Comentarios

Arquivado en Parlamento, Seguridade

5 respostas a “Desaloxo progresivo

  1. Non Interino

    Está mal darlle paus a niguén, pero para ter unha praza estaria ben que aprobasen unha oposición

  2. Elric

    Efectivamente, non hai que confundir a xenreira aos funcionarios -seres con dereito a coller baixas por depresión-, duplicada por seren interinos , con lexitimar a brutalidade policial.

    Por certo, a nota de prensa é goebbelsiana. Pero xa Diz Guedes falara do “desprazamento da masa manifestante”… hai demasiadas cousas que non cambian…

  3. O autor aclara que non ten nada contra os interinos, pobres vítimas da manipulación do CEFOU. De feito, moitos dos mellore amigos do autor son interinos.

    O autor aclara tamén que si ten algo en contra de que a Policía faga desaloxos sen vir ó caso.

  4. frouxeira

    Os interinos son de manteiga. Na Coruña, no último mes, houbo unha media de tres cargas policiais por semana (das de verdade, das dos antidisturbios). E aló non se queixan tanto. Deben estar máis concienciados do dereito do traballador a autodefenderse, en troques de abusar do dereito do funcionario a laiarse.

    (Eu si lles teño xenreira e inquina persoal aos interinos, aínda que conte entre eles aos meus mellores amigos -e eu mesmo, dalgún xeito, tamén son tal cousa-)

  5. E que estes dos sindicatos con tanto que levan queimado en FORCEM e outras lerias non aprenden nada. A próxima vez que queiran asaltar algún lugar onde se reunan os representantes da cidadanía (o parlamento, o consello da Xunta) para impor os seus moi representativos criterios -atención á participación nas eleccións sindicais- deben ter antes preparación con alguén que saiba do asunto: por exemplo Tejero ou Armada (Milans del Bosch morreu non?). Seguro que os camaradas de C.C.O.O teñen bos contactos para organizar as charlas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s