MI LIMÓN, MI LIMONERO

Por Antón Fraguas

Los Limones, aquel grupo dos anos oitenta, responsable daquela fermosa canción que poñen até no Maycar compostelán, andan metidos en política. O que sempre é algo polo que un intelectual debe ser valorado.

Os Limóns cantan a canción que acompañará ao popular Juan Juncal, alcalde de Ferrol, na súa campaña de reelección. Hai moitos anos que un alcalde ferrolán non repite no posto, e as enquisas publicadas até o de agora indican que Juncal vaino ter complicado. Sobre todo porque é, con diferenza, o alcalde peor valorado das sete cidades galegas. É significativo que na campaña de Juncal, o propio Juncal non apareza en ningún momento, non sexa nomeado en momento ningún, e de feito o propio PP so é mencionado de xeito moi transversal.

Eu, pola miña banda, vou escoitar, é un exemplo, a outros Limones. Hai un grupo de Terrassa chamado Los Limones Radioactivos. Teñen mellor pinta.

2 Comentarios

Arquivado en Ferrol

2 respostas a “MI LIMÓN, MI LIMONERO

  1. Era inevitable, Carlos Marcos abríu a veda, e non esquezamos que Simon & Garfunkel son asesores de Touriño e Quintana, respectivamente.

    ¿Faralle Ectoplasma a campaña a Corina Porro?

  2. frouxeira

    E The Homens a Bugallo?
    Los Suaves a “Poli” Novoa?
    Triángulo de Amor Bizarro a…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s