Bicicletas, coche oficial xa

Por Medulio

Entre café e café, agora as nosas humildes señorías pretenden impulsar o uso da bicicleta como método de transporte habitual en Galicia, unha decisión motivada polo lixeiro retraso na chegada do AVE e o mal estado das autoestradas. O lóxico, a que si?

Non é que teña nada en contra de tan simpático instrumento de locomoción, máxime cando o virtual gañador do Tour naceu en Mos. Sen embargo, si albergo certas dúbidas respecto as posibilidades de implantación da bicicleta nas nosas vidas, excluindo o Paseo Marítimo da Coruña (onde xa existe carril bici) e outras zonas medianamente planas.

Pero quen carallo pode utilizar a bicicleta en Santiago ou en Ourense? E non só polas empinadas costas nun e noutro lado, senón tamén pola escasa chuvia que cae nesta comunidade, o anchas que son as rúas galegas ou a facilidade para deixar a bici cun candado na porta do traballo e que a volta atopes un candado. E unha nota de agradecemento.

É de supoñer que o seguinte será unha foto pola rúa do Hórreo con Dolores Villarino & friends facendo algo así…

A pregunta é… imaxinades a este, ou a esta, ou a estoutro, montados sobre unha bicicleta?? Será a fin dos coches oficiais!

3 Comentarios

Arquivado en Funcionarios, Parlamento, Política

3 respostas a “Bicicletas, coche oficial xa

  1. kate

    Eu son biciclista en Santiago, e non, non me imaxino sprintando pola rúa do Hórreo arriba á Villarino nin a ningún político. Isto é, como moitas outras cousas, unha boa declaracións de intencións, pero o carril bici en Santiago é unha utopía, non hai sitio máis ca para os coches, e ademais, non me fío moito dos que van dentro deles. Eu, de momento, arrisco bastante pero tamén hei de dicir que teño escapado para as beirarrúas máis dunha vez para evitar envistes.

  2. O artigo saíuche nin que pintado.

    Na Coruña, si, hai carril bici, pero debería haber moito máis. No resto das cidades galegas, hai que comezalo. Iso si, polo de agora, … moito cuidadiño … que andan coma tolos.

    Carril Bici ¡XA!

  3. paquinho

    Mui bó o artigo, pero o primeiro que pos de exemplo cando mandaba na cooperativa de armadores baixaba e subía dende Vincios en bicicleta (inda o crucei eu arfando moitas veces Valadares arriba). Vale que hai xa bastantes anos do conto pero tiña máis ou menos a mesma pinta que hoxe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s