Dúas mulleres e un PXOM

por Viriato

-BRINGG, BRINGG
Digamé.
¿Mariajo? Ola, son Cori ¿Que tal estás?
Vaia, ola Cori. Vinte nas fotos do xornal de onte e estás fantastica. ¿Onde mercaches eses pendentes?
Fanmos á medida nun taller de xoiería que teño de man… pero non te chamaba para iso, é que Chema anda algo mosca co do PXOM e dime que te insista.
¿Outra vez? Pero iso xa estaba pactado, Cori, y no hay tutía. Vos amañades tiñades mes e medio para facer as correccións no pleno municipal e eu vos dou o visto bo en 30 díñas de nada.
Pero mira que se nos botan as municipais enriba, e agora van os do BNG e din que se non nos deixades construír no monte tranquilos, votan en contra. Dende que cheiraron a eleccións, andan revolucionados.
Dura lex, sed lex.
Si, iso pode dicilo calquera, pero é que Chema di que ós nosos tampouco lles gusta nada iso de perder 5.000 vivendas nos arrabais, miña rula. Seica a eses constructores tan majos que nos financian a campaña anadaban ilusionados coa idea de levantar cen ou douscentos chaleciños utraluxosos…
Veña, Cori, veña, que desas cousas xa vos avisara Feijóo en 2004, que tamén era dos vosos. E no peor dos casos, tendes o apoio incondicional de Manoel Soto, jijiji.
Mariajo, non sexas vulgar ¿Ti non podes facer nada para que os teus nos dean tamén o sí? Poderíamos vendelo como un éxito mútuo…
Cori, querida. Primeiro, non son “os meus”, que eu aínda non hai un ano que me saquei o carnet do PSOE. Segundo, Emilio tenme dito que vos deixe pelexar co Bloque, que así quedades con mala imaxe. E terceiro, non penso achegarme a menos de 100 metros de Abel Caballero, que ese home lle das a man e se te mete cear na casa.
Logo non lle hai nada que facer…
Nada, muller, nada. Se cadra, agardar ó próximo goberno municipal, que ó mellor xa non é asunto teu.
Vale, pero a Chema non lle vai gustar nada. E logo vou ter que dicir que é culpa túa, porque es unha lurpia sen escrúpulos que non cumpre a súa palabra.
Veña, si, pero eu direi que es unha loira de bote descerebrada que non sabe contar mes e medio. ¿Comemos xuntas o xoves?
Por min, encantada. Así podes ver o meu novo modeliño de Purificación García. Ciao, querida.
Ciao, Cori.


– BRINGG, BRINGG
Digamé.
Mariajo, son Pachi. Mira, que xa teño isto do informe ambiental ¿Dígollo ós de Vigo ou non quedo calado?
Nah, non llo digas ata dentro de quince días, para que sufran.

2 Comentarios

Arquivado en Urbanismo, Vigo

2 respostas a “Dúas mulleres e un PXOM

  1. Ai. A min os ‘topicazos’ estes sobre mulleres… en fin.

  2. Non, se a min tampouco me gustan, pero se Caride e Porro se empeñan en perpetuar os tópicos, ¿quen son eu para cambialo?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s