QUE ABURRIDA É A NOSA POLÍTICA

Por Antón Fraguas

Fagan un esforzo, señores políticos. Temos o Parlamento máis aburrido da historia, os políticos máis aburridos da historia, o país máis aburrido do mundo.

Temos as eleccións locais a 5 semanas e aquí non pasa nada. Algún PXOM por alí, varios candidatos que ademais (mira ti que casualidade) son promotores inmobiliarios (xa o dicía aquel cartel electoral de UCD: “Necesitamos alcaldes urbanistas“). Outro tema é o do voto emigrante (a semana que vén métome con iso), agora que con tanto inflar o censo por fin parece que vai ter dereito a voto todo o que comera pulpo algunha vez.

Pero por aquí todo segue igual. Un, que vai por aí inaugurando convenios de igualdade e benestar, o outro que fai declaracións moi bonitas pero baleiras de contido, como croquetas conxeladas, como pan sen sal (mira que definición de Touriño me saiu así, sen querer). E o outro, que de verdade o intenta, de verdade. Mira que traballa o noso Albertiño, pero ¿alguén lembra (bravuconadas á marxe) algo que Núñez Feijoo fixo ou dixo no último ano.

¿De quen é a culpa de que os nosos políticos sexan uns galenecos? ¿Quen non lles deixa falar, cantar, mesmo ser enxeñosos por veces, trabucarse, e ser eles mesmos? Direivos quen: os Directores de Comunicación e Marketing, seres destinados a dirixir aos políticos para que non metan a pata e gañar así uns votiños. E destinados, sobre todo, a facer máis aburrida a nosa política.

Sobre isto teño un par de preguntas. Dado que Quin e Touriño pasan máis tempo con A.Losada e Petene Rivera, ¿que opinan as súas donas? ¿teñen cuarto reservado en Montepío e Allariz? ¿Escríbenlles tamén as súas declaracións de amor marital?

2 Comentarios

Arquivado en Feijóo, Losada, Municipais, Parlamento, Política, Quintana, Touriño

2 respostas a “QUE ABURRIDA É A NOSA POLÍTICA

  1. Exiliadoesquencido

    De país aburrido nada. Esa deputada pasou unha noite de festa ben divertida antes de ir ao parlamento. Haberá que buscala polo Maycar cando vaia a Santiago…

  2. Furafollas

    Estou dacordo co Exiliadoesquencido. É o máis probable se temos en conta que é máis nova que a maioría das Súas Señorías.
    Saúdos doutro exiliado, pero, no meu caso, a miña nai non me esqueceu, polo de agora. xa veremos cando chegue o tempo do Sr. Alzheimer.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s