Son Touriño e Stevie Wonder a mesma persoa e forman parte da Santísima Trinidade?

Polo Parvo de Cela

Stevie

Se

  • Espírito Santo=Deus
  • Deus é amor.
  • O amor é cego.
  • Stevie Wonder é cego.
  • Stevie Wonder é Deus.

E por outra banda:

  • Espírito Santo=Deus
  • Deus non falla.
  • A Xunta non falla.
  • Touriño é a Xunta (ou 2/3 dela) .
  • Touriño é Deus.

E:

  • Espírito Santo=Deus
  • Deus está en todas partes.
  • Para defender opcións contrapostas sería preciso estar en dúas partes á vez.
  • Touriño defende dúas opinións contrapostas sobre calquera tema a míudo.
  • Touriño é Deus.

Queda demostrado que

  • Touriño=Stevie Wonder=Espírito Santo
  • Touriño+Stevie Wonder+Espírto Santo=Santísima Trinidade

10 Comentarios

Arquivado en Música, Misticismo, Touriño, Uncategorized

10 respostas a “Son Touriño e Stevie Wonder a mesma persoa e forman parte da Santísima Trinidade?

  1. ¡Treme, Ludwig Wittgenstein!

  2. Exiliadoesquencido

    Se seguimos as teorías de Occam, a argumentación non tería sentido.

  3. Melhor, Touriño é o Zen.
    Touriño é.

  4. Isaac Ben de Alongos

    O proceso de bipolaridad se produce pola maña.
    O primeiro que fai pola maña e almorzar.
    ¿Que almorza? Cola Cao
    ¿Donde mercou o Cola Cao? En GADIS

    Ergo: 1º.- O Colacao esta endrojado.
    2º.- O Cola Cao foi endrojado por Tojeiro.
    3º.- O goberno non e bipartito senon tripartito: PSOE – BNG – GADIS (Tojeiro)

    Estamos perante un suicidio colectivo?

    Si Galicia comenza con G e ten sete letras. GUAYANA. Lemnbrades o caso Jim Jones? Isa e a clave.

  5. Isaac Ben de Alongos

    Ademais en Guayana foi con Coca Cola (endrojada) Aqui e con Cola Cao. ¿Non son demasiadas coincidencias?

  6. Furafollas

    Caaaaaarallo!!! O que fai ter unha mente espida de prexuizos. Eu non teño tanta craridade de ideas mais, sí, o entendo perfectamente.
    Touriño, tan cego coma Deus e coma Stevie Wonder, espetaráse un bó ostión se non abre ben os ollos ou se non aprende a mirar por onde vai.
    Saúdos dun torto.

  7. Carallo, xamais o houbera imaxinado.

  8. “houbera imaxinado”
    ahahahahahahahahhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh
    “me” vou “a” suicidar

Deixa unha resposta a O Raposo Cancelar a resposta