Polo Parvo de Cela
Conde Roa e Néstor Rego foran os gañadores das municipais de Santiago… que só un edil cambiara de mans, unhas pobres expectativas e fotos certamente ridículas de ambos en Galpón de Breogán.
Telmo Martín fose o candidato máis votado na cidade do Lérez … unha imaxe de gañanería que facía sentirse glamouroso aos seus votantes e a ausencia de dúbidas sobre a honradez do candidato.
O alcalde de Toques non fose expulsado do seu propio partido e puidese gobernar… ningunha menor cerca e unha connivencia con criminais similar ao caso anterior.
Os comunistas volvesen á alcaldía de Ferrol… o desmantelamento definitivo do seu proletariado.
Se estabilizase de xeito masivo o emprego público… que a Deputación de Lugo abandoase o seu carácter feudal.
A Deputación de Lugo abandoase o seu carácter feudal… poñer a Xosé Manuel Barreiro de candidato.
Xosé Manuel Barreiro fose candidato á Deputación de Lugo… un castigo ao PP provincial de Lugo ou un premio que se dá para si Alberto Núñez Feijoó.
Núñez Feijoó comezara a súa análise falando dun soldado morto en Afganistán… que o PP non gobernara en ningún núcleo de poboación máis grande que Santa Uxía de Riveira.
Abel Caballero gañase unha vez na vida… ufff, non sei se me deixo algo pero creo que:
- Unha agrupación socialista e local totalmente dividida en Vigo.
- Ninguén que se quixese facer cargo do posto.
- Unha visita de Zapatero para arrimar votos.
- Unha alpinista que escalou ata o Everest e á que esta cima non lle resultou difícil de acadar.
- Estar nunha cidade cun voto historicamente de esquerdas.
- Non aparecer demasiado en televisión.
- Non ter unha candidata máis intelixente.
- Que Santi Domínguez non tivera máis tempo para facer campaña ocupado na Dirección Xeral.
- Que os ourensanos de Citroën voten ao PP nos seus reductos rurais e non voten en Vigo.
- Posiblemente graves erros á hora de contar os votos.
- Varias consultas a mediums, meigas, amuletos da sorte… Algún tipo de conxunción astral, o destino.
- Que non chovese abondo para facer subir a abstención.
Todos dixeran que gañasen as eleccións… nada realmente.
PD: Se buscades en imaxes “Abel Caballero Alcalde” sae o post do compañeiro Antón Fraguas sobre Hristo Stoichkov como alcaldable. Non foi culpa nosa.