Día das Letras Castrapas

Polo Parvo de Cela

Ao marxe das estériles polémicas sobre se as galescolas levarán aos párvulos a cambiar os seus mandís de deseño cando medren por traxes de combate para a liberaçom de Galiza ou se os socios dos clubes hípicos de Coruña e Vigo son un colectivo ameazado pola discriminación lingüística hai un flagrante incumprimento dos dereitos humanos no seo do noso país.

A lingua máis falada en Galicia non conta con recoñecemento institucional. Políticos, empresarios, empregadas do fogar de Antón Losada, traficantes de armas de Verín e nós mesmos empregamos o castrapo ante a imposibilidade dos galegofalantes de seguir as regras cambiantes en tempo real das 27 normativas lingüísticas existentes en Galicia e a incapacidade dos castelanfalantes de conxugar os tempos compostos e empregar só cinco vocais. O resultado é a lingua que cohesiona aos galegos, a nación destinada á dominación global. Sen embargo o 100% da poboación é discriminada por si mesma.

É hora de reivindicar a única lingua realmente galega e para iso escollemos o día 10 de maio: día da invasión de Islandia por Reino Unido e unha semana antes das Letras Galegas. Como primeiro homenaxeado propoñemos a Emilio Pérez Touriño. Se vos parece demasiado peloteo tamén valen Barreiro Rivas ou Paco Vázquez.

Esiximos ademais unha serie de medidas urxentes coma a creación dunha Real Academia da Lingua Castrapa formada por políticos, funcionarios da Xunta, presentadores do Telexornal e gafapastas, a creación dunha gramática do bilingüísmo harmónico e o recoñecemento local dun idioma local: El Coruño..

13 Comentarios

Arquivado en Gafapastismo, Lingua, Losada

13 respostas a “Día das Letras Castrapas

  1. Pois eu voto a Quintana como homenaxeado. Emprega os tempos compostos moito máis que calquera castelanfalante.

  2. Exiliadoesquencido

    Eu propoño o Día das Verbas Rotacistas. Os primeiros homenaxeados, por suposto, os irmáns Suárez Canal.

    O caso é que haxa días de festa…

  3. o.

    eu suscribo calquera das propostas

  4. Apúntome a esa celebracón que ha de unir mucho máis a nuestra comunidade autónoma…

    Coña que costa traballo escribir en castrapo 😛

  5. SalBador de Vares

    Pues la verdad esta bien que alguien defienda al castrapero.
    Empezaba a estar harto de los que critican al que castrapea y luego hablan Spanglish en la intimidad.

  6. xel

    eu penso que xa era hora de levar con humor esta celebración da miseria. Ademais é preciso: xa veredes como logo da 3ra edición das letras castrapas con gala na tv moit@s ván renegar do castrapo

  7. frouxeira

    En Bruxelas, na Porta de Namur, hai un monolito estilo megalítico agasallado pola comunidade galega en Bélxica. Na placa, en catro idiomas (francés, flamenco, castelán e castrapo) pode lerse:

    “Este monumento… blablabla, blablablá… ha sido doado (sic) por… blablabla, blablablá… Manuel Fraga Iribarne”

  8. Bodegas

    Eu propoño a Tino Santiago. O locutor da Radio Galega, do programa A Crónica.
    Este: http://wap.crtvg.es/programacion/programacion.asp?canal=radio

    Este é o que antes saia facendo debates na TVG.

    Bah, este xa nin fala en castrapo. Fala en español e di algunha palabra en galego de vez en cando 😀

  9. Lucía

    Polo de antes (nos meus tempos, que xa choveu), era Koruño, fillo. Con K de ku, ou de karallada con kalimocho 🙂

    Ai sí, un precioso idioma. Xa non me lembro…

    Seguro que á miña irmá non lle faría gracia ser “mi plas” outra vez…

  10. Marcos

    Apoio a Bodegas. Estudio filoloxía e tiven que facer un traballo sobre a fala dun locutor da RTVG. Sen saber onde me metía, escollín a Tino Santiago. Polo menos debería ser o encargado de ler o discurso. Tamén Quintana e todos eses do Bloque que seguen coa teima de falar galego de mínimos con acento de Valladolid, deberían ter o seu recoñecemento.
    Na miña opinión no tema do castrapo hai dúas opcións: ou reivindicalo, ou darlle caña tamén ós falantes de cruño que “quitan entradas en el cine, vos llevan a la nena en el colo y beben en pocillos”. E eu prefiro a segunda, que quede ben claro que, en galego ou castelán, aquí se fala distinto.

  11. Graciñas de corasón por loitar contra a discrimi naçom que te estamos a sufrir

  12. Anxo D

    Entre o Kuruño e o Vighés aposto polo Vighés, co ghato e a ghaliña do karallo.
    Saúdos do mesmo sentro da calsada. Sen malos rolliños ou!!

  13. feldrellas

    pues yo voy a dar mi opinión también.

    penso que moita xente que presume de galegos falan castrapo e usan moito os tempos compostos en galego, que todos sabemos que non existen. e tamén a verba “plantexar”.

    en fin, que los que más presumen de gallegos, entre que están políticos como quintana, touriño y demás, son los que peor lo hablan.

    el castrapo si se habla con naturalidad y no se presume de lo que se carece, bien hablado está. los idiomas son para que la gente se entienda, no para lo contrario.

    propoño a quin para o premio ou calquera da telegaita.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s