O Plan Valga

por Medulio

Valga por fin está no mapa. Este concello pontevedrés será recordado polos séculos dos séculos por algo máis que pola mítica festa da anguía. O tráxico suceso resulta que non é tan tráxico, e grazas a el, Valga pasará a engrosar a lista de concellos que por causas desagradables son coñecidos alén dos mares. Olot, Ermua, Biescas ou Puerto Urraco… quen sabería deles se non fose por inundacións, secuestros, asasinatos ou crimes peliculeros?

Pero Valga gañará algo máis. Morto o Plan Galicia, saudemos todos ao Plan Valga. Porque nin Touriño en dous anos, nin o alcalde en catro, nin Feijoo sendo conselleiro, nin Fraga ao longo do seu longo mandato foron quen de lograr o que tres pobres obreiros si alcanzaron coas súas vidas.

No Plan Valga estarán incluidos algúns dos termos máis usados pola nosa clase política: implementará todos os esforzos, aproveitará todas as sinerxias, estará deseñado baixo criterios de corresponsabilidade, será respectuoso co desenvolvemento sostible e cun forte investimento en innovación. E a quen non lle guste, que probe sorte! Aínda quedan 276 pasos a niveis… e 276 oportunidades para elaborar un novo plan a medida dos cidadáns.

1 comentario

Arquivado en Feijóo, Política, Surreal, Touriño

Unha resposta a “O Plan Valga

  1. Non esquezades Alcàsser, o plan Alcàsser implementou unha chea de programas de telelixo que arestora aproveitas as súas sinerxias para emporcar os cerebros dos televidentes dun xeito mais efectivo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s