Polo río abaixo vai Conde Roa de pé?

Conde Roa se bañaÉ posible que o único rasgo exclusivamente de seu sexa o bañarse en augas contaminadas. Os casos máis egrexios son o de Manuel Fraga Iribarne, de aquela Ministro de Información y Turismo, que nos tranquilizou a todos facéndonos ver que só se bañaba el no plutonio de Palomares. Pena que conseguira eses superpoderes…

Despois, xa no século XXI e en dimocracia, veu o alcalde da cidade do Lérez, ou do que queda del, a demostrar que podía aguantar algo peor que o plutonio provinte da fábrica de Ence. Ambos políticos, de correntes en absoluto converxentes, pretendían demostrar que os ríos non estaban tan mal como dicían os criticóns.

Sen embargo o I+D+i chega á política municipal e Gerardo Conde Roa propúxose cambiar a política tal como o coñecemos. Deulle por bañarse no río cunha camiseta horrenda da súa candidatura para demostrar… que o río estaba suxo. Segundo el se se gastase a metade do que Bugui, alcalde de Compostela, derrocha en promoción persoal amañaríase o Sarela.

Ao igual que as teorías das supercordas e os multiversos os mortais non podemos entender este acto desinteresado. Realmente despreza a súa integridade física e sacrifícase polo pobo compostelán? Veu o vídeo de Palomares e só o entendeu a medias? Os seus inimigos políticos dirían que bañándose está a demostrar que o río realmente non está tan contaminado. Saboteará el mesmo a súa campaña para que non ir a tanta recepción oficial como Bugui? É máis divertido, e fácil, dicir que todo vai mal e ademais non precisas demostrar moita intelixencia para rosmar (ex:Rajoy)?

Conde Roa se emborracha

Quizais se el gastase o mesmo que Bugallo en promoción podería pagarse a alguén que lle dixera que non tiña idade nin talle de cachonda para facerse fotos cunha camiseta medalla e uns cubatas na man.

8 Comentarios

Arquivado en Municipais, Surreal

8 respostas a “Polo río abaixo vai Conde Roa de pé?

  1. ¡Ah! A trama está clara.

    Conde Roa o que quere é adquirir superpoderes coma os de Fraga.

  2. Furafollas

    Ou un cancro e quitarse do medio pola vía rápida. É temerario o tipo…

  3. Exiliadoesquencido

    Eu penso que nun alarde de manipulación totalmente partidaria deberiades ter posto as fotos en orde inverso e inventado unha historia que ben podería responder a unha entradiña tal que así: “Conde Roa ensaia a celebración da súa hipotética victoria nas próximas municipais tras asegurar que está con Aznar, e que ninguén lle di o que ten beber ou deixar de beber”.

  4. frouxeira

    Se o baño foi o día despois da foto de esmorga, un pode supoñer que

    a/ aínda seguía bébedo

    ou

    b/ bañarse no Sarela debeulle parecer mellor ca un ibuprofeno para loitar contra a resaca.

    Logo inventou o discurso de que se bañou no río para denunciar a súa contaminación, como escusa para disculpar semellante foto (que, por certo, non lla tirou ningún fotoxornalista, senón Amelia González, a locutora local da COPE reconvertida en número 2 da lista de Conde Roa).

    Só lle faltou unha terceira foto. Tiña que saír ao día seguinte, coa face chea de pintiñas encarnadas, demostrando que o Sarela transmitía en tempo record toda caste de andazos contaxiosos.

    Por certo, esquecestes outro baño egrexio nun río: o de Mao Zedong no Yangtsé, nas vésperas da Revolución Cultural, para demostrar a todos os chineses que aínda seguía rexo coma un buxo para seguir dirixindo os seus destinos por unha década máis…

  5. Elric

    Camarada Frouxeira, agrádame que manteña presente a memoria do presidente Mao. Eu ía comentar para poñer o mesmo, pero vostede adiantóuseme.

    Longa Vida ao presidente Moa, digo Roa, digo…

  6. Manolo

    Iso é o que popularmente se coñece como… estar de merda (do Sarela) ata o pescozo. Moi habitual na política, claro.
    Conde Roa supérase a si mesmo cada día.

  7. Pingback: Querido diario (de Conde Roa) « Galpón de Breogán

  8. Pingback: A xungla de formigón (Build High or Die Hard) « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s