Querido diario (de Conde Roa)

Por Medulio 

Querido diario:

Veño contarte de novo as miñas andanzas na campaña electoral nestes últimos días. Sei que non é a primeira vez que che conto este tipo de cousas tan divertidas, nin son o único que carece do máis mínimo sentido do ridículo, pero quero que quede constancia dos apaixoantes momentos que me está tocando vivir neste camiño de espiñas que é alcanzar o Pazo de Raxoi. Cachis.

FOTO 1

Os do Correo Gallego son moi graciosos e titularon esta fotografía como «El vuelco electoral de Conde Roa». O máis risible do tema foi que o conductor non tiña carné, ía mamado e o coche sen seguro. Inda bo que o Garda Civil que apareceu por alí era íntimo do Inspector Palmou. Se non chega ser por el, igual acabamos todos en Teixeiro.

FOTO 2

Logo de tomar aqueles cubatas no Leblón, os rapaces dixéronme que non tiña collóns (upss, perdón, agallas) para imitar a Jesucristo Superstar saíndo de Zara. Non me coñecen. Unha mágoa que non poida incluir un fío musical (podo pero non sei), porque nese momento andaban cantando todos os meus votantes aquelo de…

-Nadie haaaaay… que haga maraviiiiiiiiiiiillas… (exclamei)

-…como laaaaaas que haces tuuuuuuuuuu (dixéronme todos á vez)

Ao final vai resultar que Feijoo tiña razón. Que si paga a pena isto da campaña!

6 Comentarios

Arquivado en Feijóo, Municipais, Política, PP, Uncategorized

6 respostas a “Querido diario (de Conde Roa)

  1. Exiliadoesquencido

    Pero que carallo dan no Leblón este? Que tipo de alcol venden? Hoxe pásome por aló…

  2. Jooo, falta a de onte na noria, na Ascensión, que tiña as ‘agallas’ de corbata. Boísimo, Medulio, xa sabes: nadie hay que haga marabiiiiillas…

  3. Enrique Castro

    O “botellón” fai estragos.

  4. Se carisma non terá, pero gracia…

  5. Simpático señor Rego (poña un na súa vida)

    Querido Gherardo.

    Recoméndoche que deixes o smart que é como o teu compadre Xosé Cuíña, pequecho pero perigoso.

    No seu lugar, véndoche a módico prezo outro vehículo moito menos problemático e máis respetuoso co medio ambiente que esa xente amabilísima de Xeración Web bautizou como o ‘regomóbil’

    http://www.xeracion.com/nova/729.html

    Aínda que eu non teño a patente do invento, teño que dicirche que é unha marabilla. Con el chegas a todas partes, e incluso podes facerlle compañía ós patos do Auditorio, xa que se mimetiza co medio. Iso si, ten coidado á hora de baixar pola costa de Santa Susana, que colles unha velocidade que te fostias ó chegar abaixo.

    Se che interesa fala comigo que cho deixo a módico prezo

  6. Pingback: "Santi, legaliza la marihuana e independiza Coia" « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s