O atraso e illamento de Ourense levou ao descubrimento de diversas tribos polígamas operando pola capital da provincia. Estes grupos organízanse en vastas unidades familiares de ducias de individuos que á súa vez forman clans. Os estudiosos sopesan a posibilidade de que sexan habitantes primixenios de Ourense que se infiltraron sen ningún tipo de problema entre a sociedade postmoderna da Capital das Burgas.
Non existen dúbidas do seu primitivismo xa que parecen operar coas reglas dunha sociedade tradicional patriarcal baseado no respecto reverencial a figuras míticas (neste caso a un anano de pelo branco) e do seu ourensanismo porque todos traballan no sector público. Este descubrimento antropolóxico saltou á primeira plana dos medios galegos cando se descubriu que o mesmísimo alcalde de Ourense é un xefe dun destes clans. A miña é unha familia moi tradicional e moi ampla, chegou a admitir.
Os desconfiados din que estas unidades familiares tradicionais forman parte dun plan para hinchar o censo pero o comportamento primitivo de todos estes individuos fai indubidable o seu orixe primitivo.Como incógnita para o futuro queda saber se a provincia que exporta funcionarios a toda Europa tentará escindirse da sacrosanta España se non é recoñecida a poligamía. Utah é o espello onde mirarse. Salt Lake Miño?
PD: A ninguén lle chamou a atención que o especialista en derrotas Abel Caballero leve a unha alpinista de número dous.
“…entre a sociedade postmoderna da Capital das Burgas”. Estades de coña, non?
Seguro que madame o. non coñece o Torgal. Eso si que é posmoderno, e non Jameson nin Lyotard…
Imaxinades a Jameson prea de licor café na Flor e a Lyotard bailando uns reguetóns no Xtravaganza? E a Umberto Eco soltando o discurso de Los Chiquiprecios mentres soa a súa canción no Black?
Quizais a eles non, pero sí a Outeiriño! Fronte ás familias tradicionais estensas sempre teremos ao GURÚ da posmodernidade paisana!
lo