O apioio do GdB, factor clave na mellora de Conde Roa

Extracto da crónica electoral do Heraldo Picheleiro, revista imaxinaria á venda en todos os bares de Santiago

Cando ninguén daba por el nin a monda dos cachelos, o nobre e preclaro Gerardo Conde Roa (Ger, para os amigos) convírtese no home máis votado en Compostela e mesmo logra arrebatarlle un escano a Xosé “destasacomaioríaabsoluta” Sánchez Bugallo.

A audaz e burlesca campaña electoral de Ger, sempre á busca da foto máis chunga, non é allea a este inesperado éxito electoral, pero os nosos analistas sinalan que a clave da súa melloría está no apoio que o casposo candidato recibíu en do Galpón de Breogán (GdB), un coñecido blog de ultradereita que falou del en numerosas ocasións.

Segundo os datos electorais, Ger sacou 185 votos máis que no 2003 pasado, que se traduciron un escano por misterios da lei D’Hont. 185 é tamén o número medio de lectores que o GdB ten cada día. ¿Coincidencia? Non o cremos.

2 Comentarios

Arquivado en Municipais

2 respostas a “O apioio do GdB, factor clave na mellora de Conde Roa

  1. “É bo que falen de ti aínda que sexa ben”, Telmo Zarra.

  2. Pingback: QUEN IMOS A VOTAR « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s