Todos saimos gañando

por Viriato

Os membros do Galpón de Breogán, como galegos responsables que somos, seguimos con gran atención o desenvolvemento destas eleccións municipais que tantos risos e diversión lle proporcionaron ó país. Dende aquí queremos felicitar ós perdedores, que marcharan tranquilos a facer oposición, e darlles o noso pésame ós gañadores, que terán que batallar con pactos imposibles (dada a escaseza de maiorías absolutas) PXOM’s, nepotismo e corrupción diversa.

Porén, sabedores de que está feo xactarse dos logros propios, aquí ninguén quere saír a dicir que perdeu e que poderá adicarse a non facer nada durante catro anos. ¡Hai que ver a que estremos chegan para non humillar os rivais! Temos uns políticos tan modestos e tan bos que non nolos merecemos Pero claro, as veces os resultados son pertinaces e está moi claro que un perdeu e listo ¿non? Pois non, sempre hai algún punto feble ó que atacar, algún oco que permite ponerse a coroa de loureiro.

Coma sempre, desexosos de axudar á causa do Ben (con maiúscula), no Galpón de Breogán queremos ofrecer unha lista de argumentos que un partido pode empregar para situarse como gañador das eleccións, por se acaso os asesores quedan sen ideas calquera día. Sen máis dilación:

“Os gañadores somos nós….

… porque fomos os máis votados, aínda a conspiración xudeo-masónica non nos deixe gobernar”

… porque medramos máis en votos que o resto, e quedamos subcampeóns”

… porque a xente votounos para que pactásemos cos outros”

… porque lle queremos moito a esta cidade, que é moi sexi”

… porque podemos frear o malvado avance do nacionalismo”

… porque mire, para o que fixemos, non foi tan mal, ata sobrevivimos e todo”.

… porque fariamos o ridículo, pero danos para gobernar”

… porque os nenos son o futuro”.

… porque yo lo valgo“.

… porque a río revolto, ganancia de surfeiros.

… porque apostaron por nós, pero gañou a banca”.

… porque a xente non nos comprende, pero quérenos”.

… porque virgencita, virgencita, que me quede como estoy”.

… porque o fútbol é así, somos once contra once e pode pasar de todo”.

… porque a ira cidadá caeu con toda a forza sobre as testas nos nosos inimigos, e o pobo festexouno durante días con banquetes e bacanais”.

… porque nin eu mesmo entendo que a alguén lle dera por votarme, así que estou flipando”.

… porque o CEFOU está da nosa parte”.

… porque o importante é participar”.

1 comentario

Arquivado en Municipais

Unha resposta a “Todos saimos gañando

  1. Furafollas

    …porque sen saber facer un “o” cun canuto estou saíndo todo-los días pola tele e a miña avóa está moi feliz de de o seu neto gañe tantos cartos sen saber nada de nada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s