Análise postelectoral (2). Sede do PSOE

Por Frouxeira

Noite do Domingo 27 de Maio de 2007. 23 horas. Emilio Pérez Touriño vai chantando bandeiriñas socialistas na súa terra conquistada, segundo o seu secretario de organización, Richie Varela, lle vai cantado os resultados:

– Coruña!

– Coruña

– Lugo!

– Lugo

– Ourense!

– Ourense

– Vigo!

– Vigo

(Media hora despois)

– Punxín!

– Eh… Onde está Punxín? Ah, si, aquí! Punxín.

– Ribadavia!

– Ribadavia

– Vilardevós!

– Vilardevós

– e Vilariño de Conso!

– Vilariño de Conso. Está todo?

– Está!

Touriño olla para o mapa unha vez completo. Os seus novos dominios esténdense por case un cento de concellos, e entre eles, seis das cidades. O Presidente da Xunta bota unha risada ambiciosa mentres os ollos víranselle a branco…

– Uaghaha!!! Galiza é miña! Temos un cento de maiorías absolutas! O meu poder expándese!!! Xastaba farto deses merdentos bloqueiros! Uaghaha!!!

– Eh… Desculpe, Señor Presidente, non son exactamente un cento de maiorías absolutas (a gargallada de Touriño conxélase de súpeto, tuse, pouco máis que afoga) Verá, máis ben eu conto só 39 maiorías absolutas e 35 relativas… imos precisar do apoio dos nosos amigos do BNG.

– E as cidades?

– Ningunha maioría absoluta nelas. Nin Losada, nin Orozco, nin Bugui… Pero non se preocupe pola súa saúde. Xa convencín a Losada para que sacase a cabeza do forno de gas e non lle colla durante uns días o teléfono a Paco Vázquez, convencín tamén a Orozco para que non se guindase ao Miño e para que non fale cos do PP, e puiden desprender a Bugui do seu abrazo compulsivo ao apóstolo, en pleno pranto. Con Abel Caballero non fixeron falla tantas atencións, estaba eufórico, díxome que por fin gañaba algo na súa vida… Por Irisarri e mais o noso Paco Rodríguez non se preocupe, os dous están ensaiando o sorriso diante do espello para ir mañá falar cos seus futuros socios de goberno.

Touriño déixase caer, esgotado e tristeiro, nunha cadeira

– E agora como saio eu diante das cámaras a valorar os resultados! Non teño nada do que fachendear!

– Gañamos a Deputación de Lugo!

– Queres ser ti o sucesor de Cacharro?

– Eh… Hónrame con ese ofrecemento, Señor Presicente, pero non sei, quizais antes deberíamos consultar con Orozco, ou mesmo con Melchor Roel… Quizais deberíamos ofrecerlla, por cortesía, a Pepiño Blanco… Non sei… Eu por agora estaba contento coa miña Consellería… Non sei se debería mudar de cargo xusto agora…

– Menos samba e máis traballar! Debería levar igual o mapa con todas as nosas vistorias na miña comparecencia pública?

– Case mellor deixe o mapa aquí, que logo llo penduramos no seu despacho. Seica Acebes vén de saír na televisión estatal coa mesma leria. Vostede, por agora, diga soamente que gañamos.

– “O Partido Socialista vén de gañar estas eleccións en Galicia…” Ti cres que soa convincente?

– Quizais debería practicar esa frase uns minutiños máis…

3 Comentarios

Arquivado en Municipais, Política, PSOE, Touriño

3 respostas a “Análise postelectoral (2). Sede do PSOE

  1. Furafollas

    O mapa…seguro que é de Galiza??

  2. frouxeira

    O Mapa de Galiza… Falta o Bierzo. E Sanabria. E o Navia-Eo. E o Norte de Portugal (pero alí non se celebraban eleccións). O expansionismo é un pasatempo divertido, pero pórse a avaliar os resultados na raia coas xxxpañas penso que prexudica á saúde mental. Para iso un sempre pode xogar ao Civilization nos mapas da Península Ibérica.

    E se a dúbida vai pola incredulidade ante tanta mancha bipartita no antigo feudo popular, si, por moito que lle pese a Albertito, este é o novo mapa electoral do país: un fin de ciclo, das maiorías absolutas, e da hexemonía popular.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s