OS CONCELLOS FRIKIS

Por Antón Fraguas

Que si, que o PP baixou, que o PSOE subiu pero perdeu a maioría absoluta en Lugo e Coruña. E o Bloque convértese nun partido rural, como quen vai pasar a fin de semana á casa da aldea. Pero ninguén fala do verdadeiramente importante. ¿Que vai pasar en Toques? ¿Cal dos xemelgos de Ares gañou na súa loita: o feo ou o malo? ¿Que pasou en Os Blancos? Imos por partes.


ARES: Luis Cendán era o tenente de alcalde do seu irmán xemelgo José Manuel, coñecido en Ares como “o nano listo” (¿adiviñades como lle chaman a Luis?). Pero Luis decidiu abandonar ao seu irmán, e de paso o PP, e presentarse ás eleccións por un novo partido, chamado “Nueva Alianza”. Loita fratricida, que rematou coa perda da maioría absoluta popular. O PSOE gobernará Ares co apoio do BNG, e os dous irmáns compartirán a oposición, pois a Nueva Alianza de Luis Cendán obtivo un concelleiro.


TOQUES: Jesús Ares, “mírame e non me Toques”, volveu gañar as eleccións, pero perdeu a maioría absoluta. O segundo partido máis votado foi o PSOE, e do PP depende que Ares deixe a alcaldía. ¿Haberá tripartito PSOE-PP-BNG? O PP sempre pode aferrarse ás declaracións que fixo Fraga no seu momento, referíndose aos abusos sexuais de Ares: “Me avergüenza la hipocresía de mucha gente. En tiempos preelectorales, los grupos que han estado luchando por el amor libre, por el aborto sin condiciones, por las parejas de hecho del mismo sexo, esa gente dice ahora que le da vergüenza que estos señores -del PP- no se apiaden de la pobre niña“.


CABANAS: No concello eumés presentábase unha situación curiosa, produto do extraño final de lexislatura. A alcaldesa socialista Modesta Anca tivo que dimitir, pois foi condenada por un delicto contra a ordenación do territorio. O seu número dous, José Rey, foi expulsado do PSOE, pero foi elixido alcalde co seu único voto. Nestas eleccións Pepe Rey presentouse por unha lista independente, AEC, e obtivo dous concelleiros, por 4 do PP, 3 do BNG, 2 do PSOE e 1 doutra lista independente. ¿Que pasará? ¿Apoiará José Rey ao PP? ¿Gobernarán BNG, PSOE e IVC? ¿Apoiará IVC ao PP?


OS BLANCOS: Os Blancos foi noticia na campaña electoral, ao descubrirse que o ex alcalde, inhabilitado, empadroara a 85 veciños na súa casa. En realidade, Os Blancos sempre é noticia, e case sempre por culpa dese ex alcalde, José Antonio Rodríguez Ferreira, o máis grande admirador que Baltar ten neste mundo, pero que nestas eleccións decidiu promover unha lista propia, baixo as siglas de Terra Galega, que gañou as eleccións. ¿Traición? Non parece. TEGA e PP goberanrán comodamente.


PORQUEIRA: Tamén gobernará Susana Vázquez, do PP, que en 2003 fóra a cabeza de lista polo PSOE e se negara a apoiar ao candidato do BNG. A tránsfuga, alcaldesa durante estes catro anos, acadou a maioría absoluta. Qué se lle vai facer.

Advertisements

3 Comentarios

Arquivado en Municipais, Os blancos, Toques

3 respostas a “OS CONCELLOS FRIKIS

  1. Eu

    Quero facer un pequeniño matiz ós intelixentes que escribistes:

    “TEGA e PP goberanrán comodamente”

    Pero que carallo andades a falar sin saber, joder, se inda non esta nada pactado? Nós gañamos as eleccións como señores e gobernaremos nós se Dios quere, pero inda non dixemos con quen carallo imos pactar. Asi que non faledes antes de tempo.

    Un saúdo.

  2. Pingback: Animais políticos - » Alcaldes Frikis (II): Os que perderon

  3. Pingback: O coitado alcalde friki ourensán « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s