Que foi necesario para que…?

Polo Parvo de Cela

Conde NoriaConde Roa e Néstor Rego foran os gañadores das municipais de Santiago… que só un edil cambiara de mans, unhas pobres expectativas e fotos certamente ridículas de ambos en Galpón de Breogán.

Telmo Martín fose o candidato máis votado na cidade do Lérez … unha imaxe de gañanería que facía sentirse glamouroso aos seus votantes e a ausencia de dúbidas sobre a honradez do candidato.

O alcalde de Toques non fose expulsado do seu propio partido e puidese gobernar… ningunha menor cerca e unha connivencia con criminais similar ao caso anterior.

Os comunistas volvesen á alcaldía de Ferrol… o desmantelamento definitivo do seu proletariado.

Se estabilizase de xeito masivo o emprego público… que a Deputación de Lugo abandoase o seu carácter feudal.

A Deputación de Lugo abandoase o seu carácter feudal… poñer a Xosé Manuel Barreiro de candidato.

Xosé Manuel Barreiro fose candidato á Deputación de Lugo… un castigo ao PP provincial de Lugo ou un premio que se dá para si Alberto Núñez Feijoó.

Núñez Feijoó comezara a súa análise falando dun soldado morto en Afganistán… que o PP non gobernara en ningún núcleo de poboación máis grande que Santa Uxía de Riveira.Abel Caballero e Sánchez Dragó

Abel Caballero gañase unha vez na vida… ufff, non sei se me deixo algo pero creo que:

  • Unha agrupación socialista e local totalmente dividida en Vigo.
  • Ninguén que se quixese facer cargo do posto.
  • Unha visita de Zapatero para arrimar votos.
  • Unha alpinista que escalou ata o Everest e á que esta cima non lle resultou difícil de acadar.
  • Estar nunha cidade cun voto historicamente de esquerdas.
  • Non aparecer demasiado en televisión.
  • Non ter unha candidata máis intelixente.
  • Que Santi Domínguez non tivera máis tempo para facer campaña ocupado na Dirección Xeral.
  • Que os ourensanos de Citroën voten ao PP nos seus reductos rurais e non voten en Vigo.
  • Posiblemente graves erros á hora de contar os votos.
  • Varias consultas a mediums, meigas, amuletos da sorte… Algún tipo de conxunción astral, o destino.
  • Que non chovese abondo para facer subir a abstención.

Todos dixeran que gañasen as eleccións… nada realmente.

PD: Se buscades en imaxes “Abel Caballero Alcalde” sae o post do compañeiro Antón Fraguas sobre Hristo Stoichkov como alcaldable. Non foi culpa nosa.

2 Comentarios

Arquivado en Municipais, Uncategorized

2 respostas a “Que foi necesario para que…?

  1. Exiliadoesquencido

    Señor Parvo, vive vostede no pasado. Recórdolle que o CEFOU trocou o obxecto dos seu apoios (posiblemente debido a unha intoxicación por café estranamente misturado con augardente) e que o mapa político da provincia empezou a mutar. Indicios claros, a caída de Poly -pese aos esforzos por atraer ao público gay- e o ensanchamento do corredor nacionalista no Arnoia.

    Empeza a acabarse iso de botarlle a culpa aos ourensáns…

  2. Falta o especial que sacou o LV sobre Abel en Vigo. Polo resto, sublime análise.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s