Negociación

por Viriato

Nun furancho, no máis profundo de Cotobade, as dúas mans dereitas dos dous maiores líderes de Galicia discuten amigablemente, ante unha bandexa de churrasco, sobre como repatirse o poder que o pobo lles outorgou nas municipais ¿Zanco ou peituga?

Richi Varela.…entón de acordo, no próximo videoxogo que faga Orozco, Lage aparecerá como ‘sidekick’ e reservarémoslle os elementos humorísticos da trama.
P.J. Caselas
.- Vale ¿E xa mandástedes a Javi Losada ó campo de reeducación na Arnoia?
R.V.
Coido que ben. Os últimos informes dicían que xa tiña dominado o de aturuxar.
P.J.
Ben. O de Ourense xa está feito, ¿no?
R.V.
Seica.
P.J.
E en Pontevedra, será todo coma sempre.
R.V.
Coma sempre.
P.J.
E o mesmo en Santiago.
R.V.
O mesmo si, Bugallo e Rego seguen a ser igual de aburridos.
P.J.
E en Vigo…
R.V.
¿En Vigo que?
P.J.
Non vai volver pasar… o da outra vez ¿Verdade?
R.V.
Verdade.
P.J.Nin de coña.
R.V.
En absoluto…
P.J.
Em…
R.V.
Em…
P.J.
E na Coruña, máis Moreda
R.V.
Máis Moreda.
P.J.
– … ¿A quen ides poñer na Deputación de Lugo?
R.V.
¡Cona!
P.J.
¿Que?
R.V.-
¿Nunca te pasou iso de que vas ó super a mercar para facer chícharos con xamón, e cando chegas a casa, daste de conta de que esqueciches os chícharos?
P.J.-
¿É dicir?
R.V.-
… que non aínda non temos a ninguén para a Deputación de Lugo, un ten tantas cousas na cabeza… Os camiños de Cacharro son inescrutables, porque non pensabamos gañar alí nin de coña…
P.J.-
Xa, pero en Pontevedra si ¿non?
R.V.-
Non me fales, ¡vaia disgusto que ten o Antón Louro, o pobre! Seica cando rematou o reconto de deputados provinciais na Estrada, Louzan chamouno ó mobil e comezou a cantarlle Shake your booty. Dende aquela anda a antidepresivos.
P.J.
Veña, que xa estamos case sen churrasco. So queda unha cousa por pactar…
R.V.
¡O REPARTO DE COMPETENCIAS!
P.J.
¡O REPARTO DE COMPETENCIAS!
*RAIOS E TRONOS*
BROOO
R.V.
Ben, en xeral, estamos dispostos a darvos calquera concellería…
P.J.
¡Queremos a de urbanismo nun de cada tres concellos!
R.V.
… agás a de urbanismo.
P.J.
¡Ei!
R.V.
Nada, nada, a alcaldía e o urbanismo, para o máis votado.
P.J.
¡Queremos facer os nosos PXOM’s!
R.V.
Todo o mundo quere facer un PXOM, pero só algúns poden.
P.J.
Mira, estou disposto a aceptar o urbanismo nun de cada catro concellos.
R.V.
Non. ¿E que non vos chega con tela nas 30 vilas onde sodes os máis votados?
P.J.
E que dende Cabanas e Foz, non nos fiamos de vos nin un chisco.
R.V.-
Pois vaia.
P.J.-
Pois vaia.
R.V.-
Terei que consultar con Touri.
P.J.-
E eu con Quin.
R.V.-
Doutra será. Para a próxima escollo eu o sitio.
P.J.
Vale, pero paga ti a comida, señor conselleiro.

Deixar un comentario

Arquivado en Bipartito, BNG, PSOE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s