Onde van despois de perder as eleccións?

Polo Parvo de Cela

O próximo sábado novos alcaldes e alcaldesas tomarán os seus bastóns de mando e poderán impoñer a súa sinatura nos bandos municipais. A pesar do éxito do PPdG nestas eleccións os rexidores locais van ser menos populares que antes conservando o seu poder nas zonas menos poboadas e máis pobres de Galicia. Recorrendo a un tópico literario ao que se acolleu con éxito o autor institucional (por iso de que hai que lelo na secundaria) Jorge Manrique: Ubi sunt? ou máis ben un Ubi estarán?

Armando BlancoPreocúpame o futuro de superclásicos como Armando Blanco, o rei das tortillas. Disque vai volver ao seu posto de funcionario pero… estarán as tortillas amargas polas súas bágoas? Reciclarase como representantes de estrelas da talla do Fary.

Outra que me inqueda é Corina. Vina demasiada feliz na noite electoral cando todos os que non lemos o periódico do revés sabíamos que serlle alcaldesa íalle ser difícil. Traizoouna o seu bo corazón pensando que Santi Domínguez ía ser distinto?

Para a reflexión tamén é o que acontece en Toques. Se o pacto contranatura vai para adiante o actual rexidor podería ter demasiado tempo libre e liberdade de movementos para molestar a rapaciñas de fóra do seu contorno municipal. Mellor que quede en Toques que é pequeniño e hai pouca menor.

E non me olvido por suposto de Conde Roa. Diralle alguén que realmente perdeu as eleccións aínda que só gañara un concelleiro respecto a Dosi. Menos mal que a noria das Festas da Ascensión non está xa que se non temía unha tolería…

Así e todo dada a apabullante derrota electoral do bipartito nos comicios locais e a situación de inseguridade creada pola perigosa actividade dos Criadores de Porco Celta penso que o máis sensato é pedir eleccións anticipadas dada a situación de caos aínda que os portugueses digan o contrario.

4 Comentarios

Arquivado en Municipais

4 respostas a “Onde van despois de perder as eleccións?

  1. ¿E Soto? ¿É que ninguén pensa nunca en Soto? ¿Nun home que levaba 28 anos sendo concelleiro?

  2. Furafollas

    Ese xa foi alcalde e, como dí Aragonés, xa ten o cú “pelao”.
    Un saúdo.

  3. o Soto e algún outro máis: que será de Cacharro sen o seu pazo feudal? E Moncho Ares en Sada voltará ás rebaixas por ver se hai algún tránsfuga de saldo?

  4. carqueixa

    facede o favor e usar o menos posible as cores nas letras, lense fatal na pantalla.
    Do resto, seguir así que sodes dos poucos aires frescos que temos en Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s