O que Antón quere dicir

por Viriato

Santiago de Compostela. Rúa de Viena, 1. Adscripción permanente da Fiscalía.
Antón Losada Trabada, Secretario Xeral da Vicepresidencia para o Lado Escuro da Forza, o home que solta todas as machadas que Quintana non se atreve a dicir, ten unha cita coa xustiza por un quítame dala eses carteis. Antes de decidir cantas décadas de cárcere reclama, o Fiscal Anónimo tómalle declaración ó señor Losada. Porén, debido ás dificultades de comunicación do máis famoso secretario, a Vicepresidencia viuse obrigada a facilitar un intérprete.

Fiscal: Ben, señor Losada, entón ¿Cal é a súa versión dos feitos?
Antón Losada: Grroar. ¡Puto Méndez Romeu! ¡Puto El País! Grrar, groar. ¡Matar!
Anxo Quintana: O que Antón quere dicir, é que houbo un malentendido entre departamentos da Xunta, un pequeno fallo de protocolo, unha minucia…
Fiscal: Pero explíquese, home…
Losada: ¡Fillos de puta! ¡ARRRGGHH! ¡FURIOSO!
Quin: O que Antón quere dicir é que a Consellería de Presidencia decidiu, acertadamente, renovar os carteis das dependencias de San Caetano, que aínda seguían como cando Fraga, pero esqueceuse, equivocadamente, de avisar ós departamentos afectados. Antón entende a necesidade do cambio(¡Galiza precisa cambio!) pero sentiu que se menoscababa a súa autoridade.
Losada: ¡FURIOSOOOOO!
Fiscal: Non berre, por favor. ¿É certo que agrediu ó subdirector xeral de Contratación, Pedro Vila?
Losada: Gñijjjj, ¡Como o vexa o esfolo! ¡Groar!
Quin: O que Antón quere dicir é que tivo un lixeiro desencontro verbal co subdirector xeral Vila, pero a Vicepresidencia xa lle remitíu unha desculpa por escrito.
Fiscal: Hmmm… Hai testemuños de que se enfrontou á Policía Autonómica, que foi mediar no conflito, e que insultou a varios axentes.
Losada: ¡Pola cona, que metan o cartel pola cona!
Quin: O que Antón quere dicir é que iso é falso. El, como cargo público, é absolutamente respectuoso coas forzas e corpos de seguridade. O único que fixo foi poñer en dúbida a necesidade de que a Policía Autonómica, avisada por algún funcionario con exceso de celo, mediase nun asunto tan nimio.
Fiscal: Xa vexo, xa… Unha última cousa ¿Recoñece que raspou e danou os carteis colocados?
Losada: ¡BRAAAGHH! ¡Raspeinos coa punta da PO…!
Quin: … oqueAntónqueredicir é que, lamentablemente, algúns carteis resultaron danados. Pide desculpas por tan lamentable accidente e comprométese a pagalos do seu peto.
Losada: ¡COA PUNTA DA PO…!
Fiscal: …sibuenovale… err. Grazas pola súa colaboración. Comuncareilles a miña decisión en canto a teña tomada.
Losada: Groar
Quin: Antón e máis eu estámoslle moi agradecidos, señor fiscal.

Losada e Quin abandonan a sala. O fiscal despídeos e achégase a parede do fondo, onde aparta unhas cortinas e abre unha porta agachada tras elas. No cuarto escondido está Xosé Luis Méndez Romeu, acariñando a un gato persa.
Fiscal: ¿Vostede que opina, señor conselleiro?
Romeu: ¡BWA-HA-HA! ¡Encántame velos sufrir!
Fiscal: Si, si, pero ¿e a denuncia?
Romeu: Bo, iso é o de menos, o importante é que sufran ¡BWA-HA-HA!
Fiscal: ¿Entón?
Romeu: Impútalle unha falta de desobediencia e listo. Que perdan o tempo, pero que non haxa unha crise de goberno. Non me gustan as crises no meu goberno.
Fiscal: Si, señor.

3 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Losada

3 respostas a “O que Antón quere dicir

  1. Éowyn

    Coa punta da Po… poda: f. Especie de fouce pequena de folla non tan curva, que se utiliza para podar. Estaba claro, non? A pregunta é qué facía A. Losada cunha poda por Santiago? ¿Seica viña do rural nese momento?

  2. mc intosh

    Sabedes que o xuiz arquivou hoxe a denuncia contraLosada? Sen restricións? Lede o auto, por favor…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s