Que si, que se independicen

Asumámolo. A estrutura do estado español é absurda, estúpida e non corresponde co sentir histórico e cultural das xentes da Península Ibérica.Precisa unha reforma canto antes, que lle devolva ós seus cidadáns a identidade roubada por séculos de mitoloxía castiza, reforzados hai pouco pola retórica nacional-católica. No Galpón de Breogán (GdB) facemos nosa esta causa e lanzamos ó ciberespacio unha proposta sinxela de facer e que satisfará a todo o mundo: rompamos España.

Dende logo, non se trata de romperla así, de calquera maneira. Non señores, a idea e facelo con pericia cirúrxica, extirpando as partes discordantes que impiden o benestar común e a convivencia pacífica entre os distintos pobos. Se len zerovacas, xa lles soará o asunto, vaiamos ó gran e deámoslle a independencia a Madrid. De todos é sabido que os madrileños odian ós cataláns, temen ós vascos, pensan que os galegos somos parvos, os murcianos ladróns, os andaluces uns vagos e o resto, uns pailáns. Ben, pois se tan pouco lles gustamos, que marchen. Así poderíamos gastar os nosos impostos noutras cousas que estradas de circunvalación para eles e ampliacións de Baraxas.

A idea do GdB é a seguinte: celebremos un referendo en todo o Estado para preguntar “¿Desexa vostede a independencia de Madrid?”. Se unha maioría cualificada contesta afirmativamente (cousa probable, xa que na Comunidade de Madrid só vive o 13,5% da poboación) adeus, ata sempre adeus.

Ben, xa escoito rosmar ós madrileños dende o fondo da sala, pondo en dúbida a nosa cordura. Mais non deben preocuparse, damas e cabaleiros, que non é a nosa intención minar o seu papel de garantes da unidade da patria. Xa que son unha das rexións máis reaccionarias da Península, queden vostedes co Estado Español, e gárdeno nunha vitrina, onde non cambie nin se corrompa. Queden vostedes co nome de España, co aparato político e coa Constitución de 1978. Queden coa Monarquía, coa Reconquista, con Manuel Fraga e co Val dos Caídos. Para vostedes para sempre.

O resto das rexións, países, pobos e/ou nacións que lles sobramos por impuros podemos unirnos nun novo estado, o que habería que tratar de anexionar a Andorra ou Portugal. Dende do GdB propoñemos o nome República Ibérica (ou Celtibérica, para os puntillosos). E xa nos apañaremos.

Así que, xa saben. Por nós, por eles: ¡Referendo xa!

6 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Costumismo

6 respostas a “Que si, que se independicen

  1. madame o

    Canta razón tedes…

  2. Exiliadoesquencido

    Eu propoño como nome para o novo Estado RPAEE (República dos Pobos do Antigo Estado Español), seguindo os pasos da grande ARIM (Antiga República Iugoslava de Macedonia).

  3. Iso vén a achegar novas liñas de pensamento á corrente filosófica autodenominada “Se España Fose un Donuts Madrid Non Existiría” da cal participo como militante de base. E de ibérica nada, acertaches de cheo co de celtibérica. Mira que se empezamos mal xa de partida… 😉

    Saudiña!

  4. frouxeira

    Se Castelao levantase cabeza!!!

    (vería as súas ideas plaxiadas)

  5. Furafollas

    Carallo!!! Que me deixades fora!!!
    A non ser que me consideredes un “infiltrado no Estado madrileño este que queredes deixar. O demo do choio é que co meu acento de “Vigho” non paso o corte centralista. En fin. Ata sempre meus queridiños!!!

  6. Éowyn

    Mmmm… Bueno, a verdade é que non é tan sinxelo coma eso pois fachas hainos en todas as comunidades autónomas, non só en Madrid… e para exemplo un botón (ou dous) Franco era ferrolán e Rajoy compostelán… Claro lles quedará o exilio… Mmmm…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s