Futuros derbis galegos

Por Frouxeira

Nin Reganosa, nin Navantia, nin o porto exterior. Só unha cousa poderá sacar a Ferrol da súa crise socio-económica…

O ascenso do Rácing de Ferrol á Segunda División A da LFP deixará na vindeira tempada dous novos derbis galegos. O equipo verde terá que enfrontarse ao equipo celeste, e Vigo e Ferrol xa terán algo máis en común cos estaleiros e o proletariado industrial (aloumiñado nunha, desempregado noutra).

Farían ben en pórse de acordo (nalgo) os da Consellería de Economía cos de Industria, os de Política Territorial cos de Cultura e Deporte, a ver se cando menos son quen de meter á cidade máis fea de Galiza de cabeza no Eixo Atlántico. Quizais o Rácing poida acadar o que ninguén fixo ate o momento: un enlace ferroviario directo sen pasar pola peaxe turca. Senón, como van ir os celtistas a ver os seus encontros na Malata?

Un tren sería un comezo. Pero a verdadeira pregunta na que matinamos todos é… Deixarán os ferroláns que o Maligno de vampirice este éxito?

3 Comentarios

Arquivado en "Fúrbol", Ferrol, Reganosa, Uncategorized

3 respostas a “Futuros derbis galegos

  1. Exiliadoesquencido

    Non, non, a Segunda División A xa non existe. Agora chámase Liga BBVA. Un pouco de respecto ao capitalismo salvaxe, ou que pasa, que temos tradicións ou que…?

  2. Furafollas

    O que teñen que facer é seguir camiño da primeira, ún (o verde) según vén, e o outro (o celeste) según vai. Eso sí, pregunto ós xiareiros ferroláns se precisamos levar mascariña á Malata polo da pranta de gas, e tal, e tal…Sen acritude.
    Un saúdo en descenso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s