QUE VOTEN TODOS OS GALEGOS (pero todos)

Por Antónfraguas

A min paréceme moi ben que poidan votar os fillos dos emigrantes. E os seus netos. ¿Pero por que quedarse aí? ¿Por que van votar os netos e non os bisnetos? ¿E por que non os veciños dos descendentes de galegos? ¿E por que non os seus amigos?

 

Eu propoño ampliar o dereito a voto aos seguintes colectivos:

-Todos os que algunha vez comeran polbo

-Todos os que algunha vez ficaron parados nunha escaleira

-Todos os familiares de Joe Strummer: “Should I stay, or should I go” (esta é para o Leo)

-Todos os turistas madrileños que comeron unha mariscada na rúa da Franxa

-Todos os turistas madrileños que algunha vez lle dixeron a un galego: “menudo acento que tienes, eh?

-Todos os que algunha vez cantaron “Un canto a Galicia (Hey)”

-A Tom Cruise (o rianxeiro) e os seus bisnetos

-A todos os arxentinos que algunha vez contaron un chiste de galegos

¿Credes que falta alguén?

10 Comentarios

Arquivado en Voto emigrante

10 respostas a “QUE VOTEN TODOS OS GALEGOS (pero todos)

  1. O dos netos é unha cafrada pero…. e se facemos un curso de lingua e cultura galega para que poidan votar os que o pasen?
    Algo así como educación para a cidadanía

  2. Antuán

    Falta Mariano Rajoy…

  3. Baco

    Os que pranten albariño aunque sexa en Cataluña

  4. Furafollas

    Os que residen en Madrid e, cando parece que vai a chover, aínda levan o paraugas colgado do peto do pantalón ou dalgunha outra parte da súa roupa, coma mín.
    Os que teñen “empanada” mental.
    Os que pensan que “nécora” é unha operación policial.
    Os que tocan a “gaita” dun so burato, ainda que non soe…
    Que siga outro que escacho coa risa…

  5. Os murcianos que cultivan e venden pementos de Padrón.

  6. frouxeira

    os polacos e rutenos de Galitzia, por suposto!!!, ou habíamos esquencer aos nosos curmáns do leste?

  7. frouxeira

    do que se pode deducir que iso inclúe tamén a todos os descendentes de polacos, rutenos, ucraínos, alemáns e xudeus orixinarios de Galitzia que emigraron aos iuesei, comezando pola familia de Billy Wilder

  8. Furafollas

    E, cómo non! o famoso galego da Lúa do que se sabe que veu do Ferrol.

  9. Os que colleron berberechos na praia en plan ilegal
    Os que fixeron/beberon algunha vez unha queimada
    Os que beben Estrella Galicia
    Os que toman queixo de Larsa (os iogures Larsa fora de aquí non existen, pero o queixo si!)
    Os que foron de excursión a Santa Tecla na EXB (os da LOGSe non que aínda son menores todos seguro)
    As que foron abordadas algunha noite cun “Ghastas pista?”
    Os que tocan pandeiretas de plástico no Nadal
    Os que probaron algunha vez a Tarta de Santiago (precio mínimo da tarta 6€, as de menos nin son de Santiago nin ten almendra)
    etc etc etc

  10. Pingback: Lucensismo e outros males

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s