Galpón de Breogán pide o boicote para Galpón de Breogán

Por Breogán Salceda

Blogovaca

 

O contubernio megalomaníaco Galpón de Breogán non cabe no seu asombro dende que descubriu que no deturpado ranking de blogues de Blogaliza o portal onde damos renda solta á nosa demencia ocupa un lugar superior á web Si home si. Escrita polo celebre, e non por iso mal profesional, Xosé Manuel Pereiro (no vídeo tocando a guitarra), xornalista que colabora coa Opinión de Ah! Coruña e El País Si home si sempre foi fonte de inspiración, éxtase e deleitación dos membros de Galpón. En non poucas ocasións nos reunimos ao redor dun lumeiro, un carneiro espeto e ouveamos mentres parafreasabamos a sá retranca e clarividencia de sensei Pereiro.

 

Ocupar o posto 27, 5 por riba desta mentre preclara (e que conste que o dicimos sen ironía), é a para nós a peor das manifestacións do Complexo de Edipo. Algo así como matar ao noso pai espiritual. Tal inxustiza ríllanos por dentro, sendo nun país civilizado unha acción sanguenta e cruel a única resposta honorable. Mentres agardamos a que o advenimento da Nazón Celta nos civilice solicitamos o boicot a Galpón de Breogán. Borrade todas as ligazóns a este portal e substituídeas por referencias a Si home si.

 

Por se non vos parecen razóns suficientes. Galpón, que fai apoloxía do xenocidio, o autoodio, o terrorismo, o mal, e os nacionalismos galegos e españois nunha liña pacífico-belicista, tamén ten a ousadía de superar nesta lista a outras webs de referencia como o bravo Suso Lista, percebeiro do Roncudo (posto 28), a web mística de onde os xornais galegos obteñen (copian) as súas receitas de cociña (Galicia Gastronómica posto 29), o blogue persoal do tío máis chuzado de Galicia (Berto Yáñez 31), o punto de información do colectivo de banda deseñada galega BD Banda (42), un pioneiro como ModestoWeb (47) ou a nobre ONG Gafapasta Cineclube Compostela (48).

 

Se no prazo de tres lúas celtas Si home si non nos supera nesta vergoñenta listaxe procederemos a sacrificar a todos os primoxénitos varóns dos secretarios xerais dos partidos independentes dos concellos de Galicia. E cando acabemos comezaremos cunha campaña de terror e cartas bomba que enviaremos a edificios emblemáticos coma o Pazo do Rei das Tartas de Mondoñedo, os Furanchos de Cangas, a base aérea do Monte Iroite e o chalet de Manuel Cabezas.

4 Comentarios

Arquivado en Blogs, Embigo, Gafapastismo, Misticismo, Terrorismo

4 respostas a “Galpón de Breogán pide o boicote para Galpón de Breogán

  1. a SHS pásalle coma a tanto xenios habidos na Historia, estase a converter nun criador ‘de culto’. A xenialidade non é aprezada pola xeralidade que se contenta con subproductos coma pode ser por exemplo o que eu (inmodestamente) fago.
    En calquera caso, secundo o boicote ó GdB para evitar que o meu blogue sexa (xustamente) superado en ligazóns polo GdB. Feito que (desgrazadamente) non ha de tardar moito 😉
    ¿Ou seguirán o vieiro marcado por Pereiro para se converter en lenda viva?

  2. Non se enfade con nós, ‘sensei’.

    Só é a nosa retorcida maneira de demostrar que o admiramos.

  3. shs

    Non, se non me enfado. Se me poño rubio é de corte. E sempre que escoito que algo é “de culto” recordo a Iggy Pop: “ser un músico de culto é que non che atenda as túas chamadas o tío da túa discográfica e que te chamen colgados ás cinco da mañá”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s