A Orquestra París de Noia será a encargada do novo himno galego

Polo Parvo de Cela

Par�s de Noia

Segundo se enterou Galpón de Breogán poñendo a orella nas portas o novo Sumo Sacerdote da futura Nazom Celta, Antón Losada, encargou á prestixiosa e aclamada formación musical Orquestra París de Noia a composición dun himno que inflame os espíritos patrióticos dos galegos de cara ao II Reich Galego.

A escolla realizouse despois dun duro de proceso de selección no que caeron Milladoiro, por ser pouco modernos, The Homens, por gafapastas e Xil Ríos, porque a xente pediríalle que cantase Xirarei en vez do himno. Finalmente a banda máis popular da futura Nazom Celta e a que máis gusta aos nosos maiores (antes coñecidos como vellos) comporá e interpretará a peza. Imaxina alguén Galiza sen a París?

Insistiúselles en que saian un pouco do seu estilo latino habitual e se escoren cara algo máis atlántico e telúrico. Sen embargo o máis probable, segundo os expertos, é que sexa o primeiro himno nacional en versión Reggaeton. O autor da letra sairá de entre o milleiro de poetas da terra do millón de vacas ou do binomio Superpiñeiro/Gayoso, outra parella afín aos nosos maiores.

8 Comentarios

Arquivado en Música

8 respostas a “A Orquestra París de Noia será a encargada do novo himno galego

  1. Exiliadoesquencido

    Unha escolla moi xusta.

    Blas se mete más!!!!

  2. En duas palabras: magnífico. Bueno sobroume unha. Teño que recomendar esta artigo de investigación científica.

  3. Exiliadoesquencido

    Ridiós, pensei que o anterior blogueiro era este Blas

    http://www.parisdenoia.com/blas.htm

  4. marcos

    pero isto é verdad???

  5. Tan verdade como todo o que publicamos neste blog.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s