Véndense casa

por Frouxeira

Os madrileños, especialmente os que son “de Madrí a saco”, odian a súa cidade. Só así se pode explicar que os poucos privilexiados que teñen un mes de vacacións soñen con fuxir dela. E non é unha fuxida a fume de carozo á procura de mellores horizontes. Non, eles queren fuxir para ir a unha casa idéntica á súa onde se van atopar con persoas idénticas a eles. Iso si, preto do mar. É a febre das segundas residencias.

A idea fixo caixa, e todos os ricos dos pueblos con mar foron abrir sucursais das súas inmobiliarias á capital do estado. Alí poñen a un sobriño medio listo detrás dunha mesa, ben rodeado de imaxes nas que se vexa o fermoso que era o seu pueblo antes de que eles construisen ruínas, e logo tamén algunhas fotografías do interior deses inmobles, todo comodidades, pero sen amosar nunca o que teñen arredor. Con isto chega. Venden. E envian aos madrileños para aló.

Como neste estado ninguén quere ser menos que os madrileños, semellante costume triunfou, espallouse. Mesmo entre as xentes da costa. E en Galiza, por suposto, a avangarda desta teima pola segunda residencia protagonizárona os coruños. Só a eles se lles pode ocorrer mercar casas de marca (unha vez que converteron á inmobiliaria local nunha marca).

Entre os múltiples investimentos desa inmobiliaria o meu favorito son os 1.538 metros cadrados de futura urbanización que se poden admirar dende a autoestrada que vai a Ferrol, no Concello de Miño. Son todo un monumento ao novo urbanismo.

anancara.jpg

Uns chámana Urbanización de Piñeiro. Outros Urbanización Costa Anácara. Non sei sequera se son exactamente os mesmos terreos. O que si sei é que, non faltaba máis, ese cemiterio de chalés conta con campo de golf. Había ir un madrileño a unha urbanización de provincias sen campo de golf! Un coruño cecáis si. Pero un madrileño!

A paisaxe é explícita: un mar de terra remexida onde algún día se erguerán centos de chalés, pechados todo o ano, co seu centro comercial, o seu acceso á autoestrada, o seu campo de golf. E pensará o coruño: por que vivir como simple clase media no centro da miña cidade e ir a pé ao traballo cando podo vivir como falsa clase alta a máis de vinte quilómetros e ir todos os días en coche!?

O cemento, o formigón e o tixolo son os materiais dos grandes escultores do noso tempo. Os mellores nomes do land art xa non son individuos, son corporacións. E aínda por riba non só fan arte, fan máquinas para vivir, onde logo a xente vai para morrer.

Agora só están tomando a nosa terra, pero tranquilos, despois tomarán tamén interné. Treme blogosfera! O futuro é a blogoinmobiliaria!

4 Comentarios

Arquivado en Urbanismo

4 respostas a “Véndense casa

  1. Nostromo

    Exacto Frouxeira!

    Esto se llama la “conjura de los nuevos ricos”. Son de dos tipos y en ambos casos faciles de distinguir.

    Grupo Azul: Suelen desplazarse en “Porsche Cayenne” Su indumentaria es de marcas tales como polo “Ralph Laurent”, “Hilfinguer”, “Gucci” y similares. Corbatas lisas y de colores vivos. Suelen portar distintivos con banderitas españolas y en invierno se visten de guardabosques austriacos. Juegan al golf o a cualquier otra actividad (caza, nautica…etc) que les permita relacionarse con su “target” socio economico; La derechona de toda la vida. Suelen tener mal humor. La causa es que en el fondo no los admiten por que son unos horteras endeudados hasta las cejas. Se instalan en adosados con campo de golf por que o no los admiten o no pueden pagar las cuotas del Club de Golf de “La” Coruña”, al que les gustaria pertenecer. Origen oculto: Calle Barcelona, Agra del Orzan, los Mallos…etc. Actividade economica preferente: Inmobiliaria, telecomunicaciones. A pesar de su profundo liberalismo adoran las empresas enchufadas al presupuesto publico. Sus hijos suelen ser unos maleducados de mucho carallo. Las hembras suelen vestirse como concursantes de TV o “Pornostrarlet”. Lingüisticamente estan a favor del gallego pero que no se lo impongan.

    Grupo rojo: Hijos de trabajadores con actividad sindical durante el franquismo. tambien conocidos como “Progres Pijos” Sus padres consiguieron pagarles una “carreriña” universitaria por lo que son el orgullo de la familia. Comparten habitat, e incluso actividades ludicas, con los anteriores. Su vestimenta es a base de Adolfo Dominguez ( es uno de ellos) salpicadoas de marcas “ex pijas” como “Lacoste” Su actividad principal son Concejalias o incluso Consellerias de Ordenacion del territorio. Se desplazan en “Audi”. Sus hijos son tan mal educados como los anteriores. En ocasiones hablan gallego. No confundirse son igualmenbte unos majaderos.

    En todo caso es conveniente mantenerse alejado, en la medida de lo posible, de ambos grupos . Suelen herir la sensibilidad etico – estetica de los ciudadanos ( si es que queda alguno)

    Espero haberte ayudado a definir la “especie”. El nombre de Coruños me parece excelente.

    Saludos

  2. MQuiza

    Vaia, o caso é que andaba a buscar información sobre o concerto de Los Limones, que veñen esta semana a Madrid… por iso de quita-la morriña acumulada de tantos meses afogada en Madrid… e resulta que tirando do fío en Google, atopo este blog tan xenial… esta entradiña é moi acertada, porque é certo que esta xente madrileña anda tola por comprar casas pola zona (Ferrol e arrabaldos) por iso de que “o tempo xa non é tan malo en Galicia no vrao” (iso é o que pensan eles), que en realidade esconde o verdadeiro motivo: non hai un peso, meu rei, e teñen que comprar alí onde se deixen enganar, que vai ser o caso noso, vaia…
    Total, que cada vez que vou á terra cáenme as bágoas ó ver as grúas no verde horizonte… Deixar a ver como nos vai…Saúdos, e segue así, vou ser asidua ó teu blog…
    MQuiza

  3. omuxu

    Velaiquí o perfil intelectual dos novos ‘vecinhos’ de turno, extraído de:

    http://tinyurl.com/2kpgu8

    Se reafirma. SALVEMOS GALICIA DEL NACIONALISMO. Sólo trae corrupción, problemas inventados y manipulación informativa para movilizar el voto de las mínorias antisistema.
    Los que queremos vivir en libertad y disfrutar del siglo XXI debemos ponernos a salvo del nacionalismo. No dejemos que infecte Galicia.
    Viva Costa Anacora! Viva Galicia!
    Os lo dice un catalán que los sufre cada día.”

    Máis info em:

    http://www.tagzania.com/item/65518

  4. I respect your piece of work, thankyou for all the informative posts .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s