Arquivos mensuais: Agosto 2007

Galpón de Breogán, secuestrado

A Fiscalía de Ourense e a Oficina do Valedor do Pobo ordenaron esta tarde o secuestro do sitio web coñecido como Galpón de Breogán (GdB) e a entrega inmediata dos moldes que se empregan para imprimilo. Os cinco presuntos autores de dita web están acusados de incontables delictos de difamanción, inxurias, escarnio e maldicir, así como de repetidas violacións dos sagrados símbolos da Comunidade Autónoma, e foron detidos con violencia necesaria por axentes da Garda Civil.

A partir de agora esta páxina queda baixo o control da Unidade de Delictos Ecolóxicos e Tecnolóxicos da Policía Autonómica, que rexistrará as IP’s de todos os visitantes. As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado reservanse o dereito a torturalos nos vindeiros días para obter información.

Por canles extraoficiais, os cinco autores do GdB negan que este suceso estea relacionado  conque sexa o mes de agosto, non haxa ninguén en internet e teñan gana de marchar de vacacións.

Advertisements

5 Comentarios

Arquivado en Embigo

I WANT TO BELIEVE

Por Antón Fraguas
bng.jpg

De verdade, pero ás veces costa

8 Comentarios

Arquivado en BNG

Pequenos cambios no Grove

Polo Parvo de Cela

(Ambientado nun futuro inmediato)

A paisaxe rural e urbana da vila pontevedresa do Grove ilustra o proceso de cambio que está a vivir esta pequena localidade. O antigo feísmo urbanístico autóctono de casas de cemento a medio pintar espalladas pola estrada foi substituído por unha manchea de caseríos que arrodean o núcleo poblacional. As tabernas xa non ofrecer a tortilla e a empanada de toda a vida senón que serven carísimos (en todas as acepcións da palabra) pintxos donostiarras e os famosos restaurantes de marisco da vila foron substituídos por asadores onde xa non se serve polbo á galega senón bacallao ao pil pil. O viño que acompaña a estes pratos non é un Albariño ou un Ribeiro senón un caldo rioxano.

(Na foto nenos do Grove da agrupación Sabino Arana durante o Aberri Eguna)

Nenos durante o Aurreri EgunaNas vestimentas da xente tamén se percebe o cambio, a boina de toda a vida foi reemprazada por anchas chapelas, e na forma de falar. Agora xa non se escoita tanto “Manda carallo”, “Ou mecagho na cona que che paríu” e si bastante “Ay va la hostia pues!” expresións máis propias doutras rexións. O caso e que a ninguén lle sorprende xa nada. Desde que se descubrira que militantes populares apareceron nas listas electorais de concellos do País Vasco o desconcerto sobre as grandes transformacións sociais na provincia de Pontevedra non fixeron máis que comezar.

 

“Cremos que é un orgullo para unha localidade coma o Grove contar cun campionato mundial de Pelota Vasca”, cóntanos Aitor Bengoechea (antes Manuel Varela) desde o Batzoki local cun póster da plantilla do Athletic de Bilbao

 

de fondo, “é a primeira vez que se organiza fora de Euskalherría e iso fai que nos sintamos especialmente orgullosos. Ademais contamos con serias posibilidades de victoria na categoría sub 21 coa nosa promesa local Brais Assier Vilariño Extebarría.”

 

As actividades de lecer foron as primeiras en notar a transformación. “Eu ía polo monte coma sempre co meu cuñado Joaquín e topamos cunha pedra enorme e eu, aínda non sei por que, deume por collela e poñerma ao lombo e soltala. Mirei para o Joaquín e díxenlle: ‘Non sei por que o fixen’. E este respondeume ‘Eu tampouco pero de seguro que levanto tres veces máis peso ca ti e iso que teño a espalda cargada’. ” Cando se uníu un terceiro veciño (máis as súas falabaraterías) creouse o primeiro campionato galego de levantamento de pedras.

 

Na antiga academia de baile tradicional galego Rosalía de Castro (agora coñecida como Sabino Arana) seguramente xa non se bailará muiñeira. Segundo nos explica unha das monitoras os bailaríns e bailaríns non daban executados os pasos de baile necesarios e tan só saía un arresku. Idoia, de doce anos, pasa unha hora tres días á semana despois de saír da ikastola nesta academia. Di que coñecer a súa lingua e a súa cultura son importante para ela e que respecta á xente que fala galego pero que ela ten dereito a aprender o seu idioma.

(Festas patronais do Grove)

Festas patronais do Grove

A euskalevolución do Grove é un dos fenómenos que máis leva fascinado a unha xeración de sociólogos, psicólogos, parapsicólogos, biólogos e historiadores. Cambio a mellor ou a peor? A xente ten opinións diverxentes “Antes non dicía antes que lle caía mal un veciño. Envenenáballe o can e listo. Agora danse de hostias pola rúa e listo.” Dinos un veciño. No lado negativo parece obvio que a situación de acoso por parte dalgúns veciños (“unha minoría” segundo nos inisisten no Grove) que sofren os membros e simpatizantes do Partido Popular parece unha consecuencia indexesable. Patxi Castro, alcalde polo PNV que acadou a maioría absoluta nas últimas municipais, comprometeuse a solucionar a situación. Tamén demandou máis axuda por parte do goberno vasco e o traslado dunha célula de Ertxantxas expertos en Kaleborroka para controlar a situación.

(Equipo ciclista grovense)

Equipo ciclista grovense

No lado positivo a economía vai moito mellor cun gran dinamismo empresarial e os cociñeiros do Grove son os máis respectados de España. “Antes só collíamos as cousas, as metiamos en auga quente cunha folla de loureiro e ala!”. Cóntanos Igor Balseiro, alma mater do restaurante Euskaldun, o máis prestixioso da localidade cunha lista de espera superior aos seis meses. A Balseiro o tan manido tema da autodeterminación do Grove traelle sen coidado “O importante é que a xente sexa feliz, viva en paz e coma ben…!”.

Non podemos esquecernos de Rafael Louzán. Inxustamente acusado de manipulación por parte do seu propio partido cando tivo que, para ben ou para mal, sofrer na súa provincia esta euskalevolución que a ninguén deixa indiferente.

6 Comentarios

Arquivado en Surreal