Filosofía losadiana

por Viriato

Os membros do Galpón de Breogán (GdB) estamos moi afectados polo cesamento de Antón Losada, unha das nosas musas recurrentes (ben, non tanto como Gerardo Conde Roa, pero repetitivo abondo). O noso amor por Losada é tan grande como o desfase orzamentario da Cidade da Cultura.

Por iso, agora que o Gran Antón marcha da Xunta para ser concursante de Gran Hermano (ou taxista en Vigo, non está claro), queremos homenaxealo cunha recompilación das súas frases máis célebres, pílulas da súa particular filosofía de vida ás que os losadianos puros poden acudir buscando inspiración en horas de febleza e dúbida moral.

Sen máis dilación, os Antón Losada’s Greatest Hits:

Debatendo cunha axente da Policía autonómica:
¡Mete ese cartel pola cona!

Aceptando unha das alegres tarefas que lle encargaba Quintana:
¡Está tirado! ¡Iso fagoo coa punta da po…!

Razoando as críticas doutros compañeiros do BNG:
¡Ide todos a tomar polo cu, mamalóns envexosos!

Saudando ós socios de goberno:
¡Así morrades todos, malditos fillos de puta!

Comprobando o traballo dos seus colaboradores:
¡Estou rodeado de subnormais!¡Subnormais profundos!¡O día que eu falte, isto afúndese!

Negociando a axenda informativa dos medios:
Si, claro, claro que podes poñer este titular ¡Pero logo non te extrañes cando aparezan dous portugueses nunha rúa escura e che rompan as pernas!

Revisando o exame dun alumno de Ciencias Políticas:
¡Fora do meu despacho!¡Non me obrigue a disparar!

Aloumiñando á súa muller:
¡Quero o divorcio!¡Puta!

Intimando pola rúa cos seus admiradores:
¡Non me toque! ¿Teño que pedir unha orde xudicial?

Amosando o seu enfado:
¡ARRRRGH! ¡GROAAR! ¡MATAR!

Orando:
¡Me cago en Dioosssss!

Facédevos losadianos. É a mellor forma de liberar o estrés.

4 Comentarios

Arquivado en Losada, Surreal

4 respostas a “Filosofía losadiana

  1. Ei Carballeira

    Que perfil Meu Deus….

    Merecería ser acuñado en moedas de 4 euros

  2. Lousadiana

    Grazas por existir, Galpón Losada.

  3. PINCHORLA

    NON SERÁ QUE É DOS QUE XA QUEDAN MOI POUCOS?
    LOSADA PARA PRESIDENTE.

  4. Shea

    Con Losada como persidente, acadábamos a independencia antes de que tivese que dicir ¡GROAAR!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s