Revista de Prensa. Día 1, ano 1 post Losada

 

 

 

 

 

Mi jaca... pasea y corta el viento...

TITULARES DE PRENSA DO DÍA 1, DO ANO 1, DA ERA POST-LOSALIANA.

-La Voz de Galicia:

Losada deixa o bipartito tras louvar a traxectoria empresarial e humana de Santiago Rey

-Faro de Vigo:

Antón Losada marcha da Xunta sen fixar os prazos de chegada do AVE a Vigo e da Variante de Cerdedo

-El Correo Gallego:

O socialismo coruñés de Méndez Romeu provoca a caída de Losada trala súa valente defensa da Cidade da Cultura

-El Ideal Gallego:

Paco Vázquez celebra a saída de Losada e acúsao de fomentar o exterminio do L na cidade

-La Opinión de A Coruña:

Antón Losada tamén obtivo unha participación eólica na serra do Xistral e un piso no Parrote

-Galicia Hoxe:

Losadazo (con foto de A.L. metendo o dedo no nariz)

-La Región:

Baltar ofrécelle a Losada asilo político e non descarta que lidere a reconquista do feudo alaricano

-El Progreso:

Cacharro a Losada: “Non te queixes, que en dous anos é imposible collerlle aprezo ao posto”

-El País:

O Presidente Touriño tumba a Losada logo da loita dos carteis da Vicepresidencia destapada por El País

-ABC Galicia:

Os duques de Lugo, pouco afectados pola purga ao secesionista Losada

-El Mundo:

Cae o número dous de Quintana, o máximo impulsor de levar un himno de paletos ás escolas de paletos

7 Comentarios

Arquivado en Losada, Política

7 respostas a “Revista de Prensa. Día 1, ano 1 post Losada

  1. Losa Losada

    Temblade pobres estudantes…

    Xa volveu… e agora esta enfadado moooooi enfadado

  2. Lucas

    Os inspectores de educación deberían de ter a este homiño mais vixiado. os seres humanos non teñen porque pagar os desequilibrios mentais de un dexenerado.

  3. Sodes os mellores!
    Permitínme copiar no meu blog esta última entrada, porque fartei de rir con ela e gustaríame compartila.
    Moitas gracias por facernos rir e polo inxenio que tedes.
    Un saúdo.
    Loli

  4. Impresionante. Me he reido un montón. Espero que no os parezca mal que os haya enlazado en mi blog y haya copiado un trocito.

  5. Pingback: Lage » A saída de Antón Losada da Xunta de Galicia

  6. Ben, grazas a todos os que nos citan, é un pracer ser admirado e bla, bla, bla… Falo en nome do GdB cando digo que tedes a nosa autorización para coller o que vos dea a gana deste blog, sempre e cando repartades con nós os cartos que gañedes.

    Contestovos algo tarde porque tivemos que convencer a Medulio de que non vos podía denunciar por plaxio nin tampouco botarvos enriba a Antón Losada. Co décimo valium xa está máis pacífico, pero tamén máis incapacitado, por eso teño que escribir eu a resposta. Pero el di que sí a todo, que conste.

  7. Gracias por el permiso, yo pongo el símbolo de CCC, es decir, cada uno coge lo que quiere siempre que no sea para hacer pasta.
    Lo dicho, gracias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s