A CONFESIÓN DE LOSADA

Por Antón Fraguas

Un comando do GdB tivo acceso a unha confesión manuscrita de Antón Losada, na que relata unha por unha todas as maldades que fixo nestes últimos anos. O texto di así:

…vencido polos restos da miña conciencia, non podo continuar por este camiño. Fun malo, moi malo, máis do que todo o mundo pensa. Pero é xa hora de me redimir. O primeiro e abandonar o goberno, deixar de asesorar ao bo de Quin, e retirarme ás profundidades de Camboya, como o Coronel Kurtz; o segundo (aquí hai un fragmento ilexible) e por último vou pasar a enumerar todas as cousas malas que fixen neste tempo, ou as que obriguei a facer a outros. En realidade, vou rematar antes se conto as maldades das que non son culpable:

Non teño nada que ver co descenso do Celta
Non lle comín a lingua a ese (foi o gato)
Nunca participei nunha discusión sobre reintegracionismo en Chuza!
En contra dos rumores iniciados en Galpón de Breogán, non son o striper galego que vai entrar de suplente en Gran Hermano
(Xa) non son directivo da SGAE
Nunca levei pantalóns piratas
Non son responsable da versión arriquitaun do himno galego que se cantou no parlamento (eu propoñía unha versión hiphop)
Non posei para a portada censurada de El Jueves
Non teño nada que ver coa desaparición de Madeleine
Non lle metín a Pereiro o virus que lle obrigou a retirarse da Volta
Non retirei a Shin-Chan da TVG
Só matei á metade da abellas de Galicia
Non lle cortei o rabo ao can de San Roque
Nunca lle quitei o asento a unha embarazada no autobús (bueno, unha vez)
Non encarguei un millón de autocolantes e camisolas coa frase “Antón Losada dáche máis, dáche por diante, e dáche por detrás

Iso é todo, o resto si, o resto fun eu

3 Comentarios

Arquivado en Losada

3 respostas a “A CONFESIÓN DE LOSADA

  1. E os nosos corazóns? Acaso non é responsábel de roubar os nosos corazóns?

  2. PINCHORLA

    TAMÉN O É DE MANTER VIVAS AS NOSAS IDENTIDADES.

  3. Furafollas

    E logo non foi él o touro que matou a Manolete???

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s