Os galegos poderán pagar para modificar a normativa do galego como a eles máis lles guste

Quen non desexou algunha vez poder crear a súa propia regra ortográfica? Que cómodo sería non ter que estudar esas gramáticas que, a fin de contas, cambian como o vento. A Real Academia Galega traballa para cambiar esta situación e poñer a língua en valor.

Os galegos poderán cambiar o seu propio idioma ao seu gusto. Por exemplo se alguén prefire a forma “aceptábel” en vez de “aceptable” a Real Academia, por un módico prezo, cambiará axiña a norma. Se alguén, descontento con este cambio, paga máis diñeiro aceptarase a forma contraria. “Cambiaríamos a percepción da xente sobre a lingua. Pasaría a ter unha importancia económica e estratéxica“, declarou un voceiro da RAG. “Superaríamos o obstáculo que supón que as normas cambien, case en tempo real, tornándoo nunha vantaxe. Por outra banda superaríamos o minifundismo lingüístico: falaríase o que dixesen os que máis pagasen.

As posibilidades son infinitas. Por exemplo uns opositores no fío da praza poderían investir os seus aforros para conseguir aprobar o exame de galego e conseguir a ansiada praza. “Varios ourensáns xa nos consultaron a este respecto“. Tamén se contempla a posibilidade de alterar o léxico engadindo significados a unha palabra (que Faro poda significar Xornal aparte dunha luz para os barcos) ou engadindo algunha nova (ex, que Galpón de Breogán signifique grupo de descerebrados).

Galegos poxando polo seu idioma

Aínda que no terreo da fonética cabería a posibilidade de inserir unha nova liña de negocio, a RAG non contempla a posibilidade: “Houbo comentarios moi mal intencionados apuntando a que a Consellería de Presidencia pagara para que o galego coincidise coa forma tan persoal de pronunciar do señor Touriño pero non son máis ca comentarios malintencionados”. Outra posibilidade polémica, en fase de estudio, é que marcas comerciais patrocinen certas palabras. Así en galego non se diría “auga” para definir ao H2O senón “Cabreiroá” (Ex: “A Cabreiroá da piscina debe ser cambiada”) ou “coche” por “Wolksvagen” (Ex: “Aparquei o meu Wolksvagen, un Audi, no concesioario de Ford”)

Téntase así facer un galego “do século XXI, dinámico e en valor”. O voceiro da RAG tamén nega que os cartos vaian dirixidos a sufragar os custes da Cidade da Cultura.

4 Comentarios

Arquivado en Lingua

4 respostas a “Os galegos poderán pagar para modificar a normativa do galego como a eles máis lles guste

  1. Exiliadoesquencido

    Creo que os alemáns aínda non contemplan iso de pagar por cambiar o idioma… (¡¡¡¡Volkswagen!!!!)

  2. Moi Xordo

    Eu penso como rajoi hai “que hablar chino señores, el chino es el idioma del futuro. No le hacemos ningún favor a nuestros jovenes”, se refire a perder o tempo en idiomas menores.
    E máis era mellor que nin falasemos que traballasemos 14 horas en silencio.

  3. Neste país temos xente para cambiar as normas do alemán e máis, lean:
    “Unha visita a Ribadeo serveume para aumentar o meu fondo de armario. Incorporei unha Wolkswagen do máis surfeira, un bote de Cola Cao e un casette dos Bee Gees. Gustábame tamén unha cunha magdalena…” 😀

  4. Exiliadoesquencido

    Moi bo, pero xa facer distintas versións non sei como o tomarán os alemáns, que teñen fama de cuadriculados. Por outra parte, que o pobre Coche do Pobo teña que aturar esto…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s