Psicoanálise

por Viriato

Dr. Castro: Ben, cónteme o seu problema.
Alberto Núñez Feijóo: Estou mal, doutor, moi mal. O outro día fun a Madrid, a falar con Don Mariano e… e…
Dr: ¿E que?
ANF: Dame arrepío lembralo.
Dr: Ben, reláxese. Comecemos por un sinxelo exercicio para entrar en calor. Eu digo unha palabra e vostede me contesta o primeiro que se lle pase polos miolos. ¿Entendido?
ANF: Entendido.
Dr: España.
ANF: Terrorismo.
Dr: BNG.
ANF: Terroristas.
Dr: PSOE
ANF: Amigos dos terroristas.
Dr: Terrorismo.
ANF: Votos.
Dr: Galicia.
ANF: Chalet a pé de praia.
Dr: Fraga
ANF: Eu non fun.
Dr: Competencias.
ANF: Autogoberno.
Dr: Autogoberno.
ANF: Separatismo terrorista.
Dr: Barreiro.
ANF: Rivas.
Dr: José Manuel Barreiro Fernández.
ANF: Prescindible.
Dr: Rajoy.
ANF: Prescin… Líder.
Dr: Sofre vostede un claro caso de ideoloxía partidista. Ata aquí todo normal, pero percibo que algo está a facer que se cuestione as súas conviccións.
ANF: Foi unha experienca traumática.
Dr: Explíquese.
ANF: Fun a Madrid a ver a Mariano, fagoo sempre que podo para que me diga o que teño que dicir logo en Santiago. Entrei tranquilamente no seu despacho en Génova, pero a secretaria esqueceuse de avisarme de que estaba reunido con Zaplana e Acebes para preparar a estratexia electoral e … e…
Dr: ¿E que? ¡Conteo! ¡Afronte o seu medo!
ANF: e .. estaban entrenándose como nos vídeos eses da CIA. Polo pouco que escoitei, a súa estratexia electoral ven sendo poñerse dinamita no peito e facela estoupar a próxima vez que se crucen con ZP no Congreso.
Dr: ¿Que lle dixeron?
ANF: Nada. Saín correndo de alí como alma que leva o diaño. Dende entón non durmo ben. Eu sempre fun un lobo con pel de cordeiro, pero iso é demasiado ata para min, doutor.
Dr: Hmmm, unha crise de fe. Recoméndolle que relativice as consignas e comece a ter ideas propias. Tome estas pastillas de independencia concentrada cada oito horas, lea The Independent e fágase socio do Club Atlético Independiente.
ANF: Si, si. Ten razón, doutor. Cambiarei a miña vida. Farei do PPdeG un partido digno de tal nome.
Dr: Ese é o espírito.
ANF: Serei Tan gallego como el gallego.
Dr: Home, tampouco se pase…
ANF: ¡Xa non quero ser ministro! ¡Oes Mariano! ¡Nace un novo Alberto Núñez! ¡BWA-HA-HA!
Dr: Son cincuenta euros pola sesión e cintenta máis por ter que aguantar isto. Páguelle á enfermeira cando saia.
ANF: Grazas, doutor.

1 comentario

Arquivado en Feijóo

Unha resposta a “Psicoanálise

  1. Pingback: A MORTE DO BÓ (En recordo de Pepe Cuíña) « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s