¿CANTO PAGARIADES POR GALICIA EN EBAY?

Por Antón Fraguas

O reino de Bélxica foi posto á venda en eBay. Cun prezo de saída de 1 euro, rapidamente acadou os 10 millóns de euros, e iso tendo en conta que era un produto de segunda man e que o vendedor advertía que viña acompañado de “300.000 millóns de débeda nacional” e que os gastos de rey e corte non estaban incluídos. EBay detivo a poxa, pero parece que había bastantes compradores interesados.

Eu pregúntome: ¿canto se chegaría a pagar por Galicia? Hai que ter en conta que o comprador tería que cargar con plantas de gas no interior de angostas rías, e con celulosas preto das cidades. E ademais veríase obrigado a pagar un “plus” económico a todos os ex altos cargos. E a manter a Gayoso na programación da TVG. E a subvencionar a todos os xornais do país. E a organizar festas para os maiores. E a lidiar coa Deputación de Ourense (que non entraría no trato). E a buscarlle un traballo a Paco Rodríguez a partir de marzo. E a ter ocupados a Orozco e Caballero para que non fagan das súas. E a manter todos os chiringos culturais que se foron creando xeración tras xeración…

Tendo en conta todo isto, ¿canto pagariades por Galicia?

3 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

3 respostas a “¿CANTO PAGARIADES POR GALICIA EN EBAY?

  1. Postos a falar….xa podia vir alguén a Pontevedra e levarse Elnosa e máis Celulosas pero de balde, non cobramos ren, iso si, que deixe todo ben limpiño, nada de cascotes de obra nin balsas pestilentes ao carón da ria…

    saúdos.

  2. sihomesi

    Á hora de facer unha oferta hai moitos dependes…
    -¿Débeda histórica incluída?
    -Habería subvención da Xunta?

  3. Isaac ben de Alongos

    ! Eso esta muy bien pensado ¡ Primero lo recalifacamos todo como urbanizable, incluyendo las 200 millas de zona economica maritima. Segundo declaramos en ruina inminente toda edificacion anterior al año 2000.

    Tercero. Lo vendemos todo en bloque ( con perdon) a Fadesa.

    Cuarto. Cogemos la pasta y salimos corriendo para Brasil.

    ¡¡¡¡¡ A Morriña con caipirinha e mais riquiña!!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s