GdB, coa liberdade de expresión en Turquía

Onte, mentres tramábamos os nosos habituais plans de dominio mundial neste Galpón de Breogán (GdB), recibimos a noticia de que un portal turco realizara un ataque masivo a wordpress, o servidor que tan xentil e gratuitamente alberga os nosos textos megalomaníacos. Vimos o noso querido blog clonado vilmente e de inmediato, levantamos barricadas e preparámonos para recibir ós escuadróns da morte do Intituto Torre de Hércules e o Club de Leones Marineda. Logo de dúas horas parapetados tras un sofá, descubrimos que os turcos non eran de Riazor, senón de Turquía.

Iso cambia o conto. Contactamos con eles e enterámonos de que que os nosos amigos euroislámicos teñen censuradiño o wordpress polo goberno do país, e que os pobres so fixeron o que fixeron porque estaban ansiosos de leer sobre o CEFOU, Antón Losada, Ugío Caamanho, Gerardo Conde Roa e todas esas cosas tan interesantes que publicamos aquí, e a forma máis doada que atoparon de facelo foi duplicar o servidor enteiro. A grandes males, grandes remedios. ¿Ou hai alguén que non faría o mesmo se mañá ós socialistas lles da por prohibir o wordpress porque atopan un blog no que se meten cos Borbóns? Nós comezariamos a hackear coma tolos… se souberamos hackear.

Tamén nos informan de que un 0,7% do que gañen cos clicks no AdSense destinarano á causa do pobo kurdo. No GdB apoiamos a causa do pobo kurdo. No GdB apoiamos a liberdade de expresión en Turquía e, despois de Viriato e Medulio fosen ver Live free or die hard, tamén apoiamos ós hackers. Polo tanto, os tipos destes de wordprexy teñen todo o noso cariño e comprensión.

Iso si, como veña alguén a borrarnos o arquivo, enterarémonos de onde vive e poñerémoslle a entrevista de Ana María Ríos en Salsa Rosa unha e outra vez, en bucle, ata que dos seus poros broten ostras de Arcade. Avisados estades.

Deixar un comentario

Arquivado en Embigo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s