Convivencia Tripartita

Por Frouxeira

Ante o advenimento inminente da crise hipotecaria e do novo curso político, as tres líderes da mocidade galega decidiron ir vivir xuntas. Deixáronse levar polas vagas promesas do goberno central e veñen de alugar unha vivenda en Compostela, na Rúa do Hórreo, con vistas ao Parlamento de Galicia.

Unha vez rematada a mudanza, gran festa inaugural! Os problemas de convivencia tamén están convidados: problemas cos amigos dunhas e doutras, que non sempre agradan por igual ás tres anfitrionas; problemas coa hora de saída, xa que algunha quere marchar a durmir cedo e as outras non dan saído; problemas ao día seguinte: quen limpa todo isto? Debate sobre quen luxou máis o salón, insultos, desafíos, guerra de poderes.

Problemas de aluguer. Non sempre hai coordinación entre as compañeiras. Quen será mellor cociñeira? Cociñará para as tres? Cantos alimentos van comunalizar? Agardo que cando menos paguen a medias aceite, azucre e sal; e logo tamén podían o arroz, a pasta, os ovos… Velas ás tres almorzando adurmiñadas na mesma mesa será unha proba de saúde democrática.

Mais os problemas quizais non só veñan da cociña. Quen limpará máis, quen menos? Unha ben pode ser maniática da limpeza e/ou da orde, e outra algo máis deixada e desordeada. Farán turnos para limpar elas mesmas, en plan autarquía? Ou contratarán a unha chacha latinoamericana, externalizando os servizos?

Cuestións máis espiñentas, máis privadas: Van levar todas á parella a durmir? E como serán os encontros nocturnos no cuarto de baño, entre cónxuxes e compañeiras?

Son os praceres da convivencia. Son os conflitos. Sempre se poden resolver con pacíficas veladas diante do televisor. Poranse sequera de acordo para ver un programa que lles guste ás tres? Quizais vexan os luns Hai Debate! coa mesma emoción que os futboleiros ven o partido todos xuntos o domingo aínda que non sexan do mesmo equipo.

Semellante convivencia sería toda un exemplo de unidade nacional. Canto duraría? Transmitiríase en directo pola TVG?

5 Comentarios

Arquivado en Costumismo, Política, Vivenda

5 respostas a “Convivencia Tripartita

  1. Sosias Otero

    Velaquí o verdadeiro Gran Irmán.

    ¿Ou sería mellor dicir a Pequena Irmá.?

  2. Blogueiros do Galpón de Breogán, unha vez recibide a miña noraboa pola gracia que tedes contando as cousas. Permítome, de novo, reproducir a historia no meu blog.
    Saúdos
    Loli

  3. outro+

    moi boa a gracia isto ten que ser portada de todos os xornais ;-D

  4. anoder

    Boiiiiisimo. Xa se espalla como un meme

  5. WaldoMero

    Que trauma vivir coa pusilánime e coa fachadilla! Pobre Iria! Se iso facédelle un oquiño no Galpón, pero polo que máis queirades, non metades nestes apuros as poucas cabezas lúcidas que temos na política galega!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s