SUPONITIS e MESQUINDADE

Por Antón Fraguas

Manuel Ameijeiras (delegado do goberno en Galicia) e Xosé Fernández Barcia sofren unha grave enfermidade chamada “suponite”. En relación co petardo que fixo explosión onte preto das vivendas dos veciños de Mugardos mobilizados contra a planta de gas, o delegado (ao parecer dotado dun certo poder político, aínda que non foi elixido polos cidadáns) afirmou onte que “se supone que puede o tiene relación con la planta regasificadora” e que “una cosa son las reclamaciones legítimas y otra pasarse de la raya”. O alcalde de Mugardos, un personajillo que vai afundindo, perdendo cada día o respeto de máis xente e ficando cada día máis só, vencellou a explosión directmente co peche que moitos dos seus veciños manteñen no Concello: “trátase dun tema preocupante relacionado coas protestas contra Reganosa, debería cortarse esta espiral de violencia” e amenazou con chamar ao seu colega Ameijeiras e entrar pola forza na Casa do Concello: “ou se abandona o peche de xeito pacífico ou llo pedimos á Delegación de Goberno”. ¿Alguén lembra a frase de Fraga de “que entren los antidisturbios? Así vai o BNG con individuos como Fernández Barcia.

Non sei que puxo o petardo, se o colocou alguén que se opón á planta de gas, ou os propios promotores da instalación de Reganosa nos terreos de Tojeiro. Pero se os que o puxeron querían prexudicar o éxito da manifestación do domingo, creo que erraron o tiro. Ameijeiras e Xosé Fernández Barcia encargaranse de encher as rúas de Ferrol o domingo. Antón Fraguas estará aí.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s