¿Que obsesión ten Touriño cos peixes planos?
Arquivos mensuais: Outubro 2007
O que reparte e o que está aparte sempre queren a mellor parte
Por Calpurnia Abaneada
Por fin entendemos por que non se reforma un sistema electoral descompensado no que importan máis os votos dos netos duns emigrados ás Américas que endexamais pisarán a nosa terra cós dos galegos que traballan en Canarias ou Cataluña e non poden opinar nas municipais: ninguén quere ser o primeiro en sacar a man do prato.
Arquivado en Emigración, Humor gráfico, Política, Voto emigrante
CONDE ROA PIDE PERDÓN AO GALPÓN DE BREOGÁN
Acaba de chegar ao Galpón unha carta de Gerardo Conde Roa. Coñecidos son os piques que nos últimos tempos vimos mantendo os galponeiros con Gerardo, pero chegou a hora do perdón, porque como di Gerardo, “pedir perdón no envilece”. Gerardo comeza así a súa misiva:
“Entiendo -y como es obvio todo es opinable- que, pedir perdón no envilece, antes al contrario ennoblece al que lo hace y a aquél hacia quien va dirigida la petición de perdón, si la acepta, como creo que así debería ser. Todos, yo el primero, hemos de pedir perdón en nuestras vidas constantemente por hechos u omisiones que no deberíamos haber realizado y que generan perjuicios a terceros inocentes.
Y como creo que lo mejor es predicar con el ejemplo, creo que yo debo pedir públicamente perdón a muchas personas que me conocen -empezando por mi propia familia- por mi comportamiento en los últimos tiempos. Muchas personas de buena fe, estoy seguro, que se han quedado profundamente sorprendidas -o escandalizadas- por mi separación matrimonial. Soy una persona católica que ha procurado vivir toda su vida de acuerdo con una forma cristiana de pensamiento y obrar en consecuencia. Últimamente no ha sido así, y eso creo que ha suscitado graves interrogantes e incertidumbres en personas que me conocen o que, al menos, saben quien soy.
A todos ellos, desde lo mas profundo de mi corazón, os pido perdón y lo hago públicamente porque si pública ha sido la ofensa, pública ha de ser la reparación. No se lo que pasará en un futuro pero espero que ésta petición de perdón sirva para recuperar en algunos de vosotros no digo ya vuestro aprecio por mí, sino que sirva para que si pensáis como yo, que vuestra forma de vida no sufra incertidumbres y dudas“.
RESPOSTA DO GALPON
Estimado Gerardo:
Non sei que dirán o resto dos teus amigos, pero aos Galponeiros as túas palabras emocionáronnos. Como ben sabes, a túa separación matrimonial entristeceunos profundamente. Xa coñeces a nosa férrea moralidade cristiá. Por suposto, tes todo o noso aprecio, non só recuperado, senón redobrado. E agora, grazas á túa carta, a nosa forma de vida non sufrirá xa máis incertidumes ou dúbidas.
Unha aperta,
Os Galponeiros
Quintana, guarda da urbana
Por Calpurnia Abaneada
Un dilixente axente que non dubidará en sacarche os puntos dos carné de gobernación se te saltas os stops e as promesas de autogoberno…
Arquivado en Bipartito, Competencias, Humor gráfico, Política, Quintana
VIGO, NON.
por Moi Xordo
Con este título non trato de andar a buscar comparanzas do tipo: quen a ten máis grande, Lotina ou Stoichkov ( o que está claro en quen ten os ovos máis grandes…). Trátase de subliñar a noticia que estes días deu a patronal galega: A Coruña superou a Vigo como primeiro motor industrial de Galicia; ORDIA¡¡¡
Si amigos, é a caída definitiva da antiga orde galega: os ‘coruños’ (chamados así cariñosamente polo resto dos galegos) xa non son só a capital xudicial de Galicia dende os séculos escuros ata hoxe, se non que agora tamén o son a industrial. Que será o próximo ? A Relixiosa, a administrativa, a universitaria…Treme Santiago, pronto iremos a Arteixo coller os avión de baixo custo Zara airlines ou Amancio airlines que mola máis, ( carallo, vou mañá a rexistralo ! )
Pouco a pouco sen darnos de conta xa non só controlan os nosos cuartos, tamén o sumisnistro da luz e de internet ou sexa a maioria da información, as perversións favoritas dos galegos, a cervexa a auga a nosa forma de vestir, a prensa, a radio, a itv, as productoras da telegaita, o que comemos…si amigos de Lugo, Ourense e Pontevedra preparadevos para a fin progresiva da nosa muralla de Adriano particular, comenzou “ A caída do imperio fraguiano”:
Marco Aurelio (no seu papel Manuel Fraga) é un emperador filósofo pero que nadie entende o que di, creara o principio dos tempos unha orde baseada en manter a unión dos caciques ancestrais das provincias máis periféricas para facer fronte a superioridade da cidade da torre (que non faro para non confudir con Vigo).
Pero este tradicional equilibrio corría o risco de romperse por mor das loitas entre os seus sucesores: O seu xeneral máis victorioso Livius (no seu papel Pepe Cuíña) creador dun autentico emporio que podía facerlle fronte a superioridade coruña, e o seu fillo putativo Cómodo (No seu papel Nuñez Feijóo) un enchufado dos coruños que fixera méritos fóra. As duras loitas entre eles precipitou que outros se fixeran có mando da Xunta e dende entón ese equilibrio foi esnaquizado e Galicia esta venta do maior postor (véxase Amancio Ortega).
Sí, o anuncio ese do Gadis nos está avisando a cabalo do próximo que ven: Unha invasión madrileña atraída pola promoción turística de Galicia feita nas series de éxito españolas. Os coruños entrarán ahí vendendo a Galicia por parcelas quedando coma unha xigantesca promotora que, de paso, suministrará e controlará tódalas súas comodidades.
Só un home pode salvarmos e ese é Gladiator Cuíña, agora mesmo está a ver como se mantan polo título de emperador mais está a levar a cabo un adestramento secreto que o levará de novo a ser o gladiador invencible que era antes. Dentro de pouco sairá dende Lalín, (torso desnudo e bronceado, gladius e escudo en man e ademáis boina calada na testa) e os seus rivais irán mordendo o pó ata o duelo final a morte con Cómodo que lle voltará o fin a súa honra e entrará por as rúas de Ourense e Lugo coas cabezas dos invasores do medio ambiente e rural e tamén do traidor Cómodo.
Quedan só dous anos, e dende o Galpón so podemos dicir unha cousa: Hai que roelo Pepe¡¡¡
Os asesores amnésicos do Gaiás
Arquivado en Cidade da cultura, Política, PP
Yoli e Antón (lovestory)
Por Antón Fraguas (dedicado a Aduaneiros con admiración)
Escena 1 (interior,día)
Unha parella fala na cama, pola fiestra intúese a luz do mencer.
Ela: Antooon
El: Grrr
Ela: Antón, estás durmido?
El: Grrrrrrr
Ela: Antón!!!!
El: Déixame durmir, Yoli, hostia!
Ela: Antón, caramelito, ¿que podo facer con estes de Atuneiros?
El: ¿Que che fixeron, muller?
El: Condenados!!
Ela: ¿E non poderías facer unhas chamadiñas das túas?
El: Non, hostia, que sube a factura e aínda non acabei de pagar as letras da rasqueta de ouro que merquei.
Ela: ¿Letras? ¿Letriñas?
El: Si, nove letriñas, fai unha palabra con isto (xesto)
Ela: A ver Antón, caramelito, ¿pechamos a páxina esa dos atuneiros?
El: Sempre lle podes poñer unha demanda por inxurias con publicidade, que eu diso sei un cacho
Ela: E se lles fago un poema?
El: Yoli, tampouco hai que pasarse, supoño que coa demanda abondará, non hai que recorrer a iso
(continuará…)
Arquivado en Humor
Un xesto por Xxxpaña
Por Frouxeira
12 de Outubro. Día feirado, comezo de ponte, Festa do Pilar, Festa da Hispanidade. Para algúns, festa nacional, para outros, festa, esmorga, chea. Así resolvemos neste país as festas. Que sería do día de patrón sen o seu churrasco, o seu bon pulpo, unha botella tras doutra e os efectos colaterais consecuentes!
Difícil situación para a rede social do Partido Popular. Tiñan un encargo que cumprir, por mandato imperativo do seu líder, e moitos deles o que querían era estar de chea, quer pola noite, quer polo día. Tocoulles logo aplicar unha solución de compromiso. Facer un xesto por Xxxpaña, si, pero sempre sen esquecer un xesto por si mesmos. Así que, en todo caso, saíron de festa, votantes, simpatizantes, militantes, todos, os máis novos de chea, os paisanos de papallocada, e nalgún punto da súa celebración, normalemente cara o remate, todos tiveron que facer ese xesto íntimo, telúrico, entregado por Xxxpaña.
Situación prototípica (versión nocturna, versión compostelana): simpatizante vai a macrobotellón a noite do 11 de outubro, empréase, desbarra, divírtese, fai rede social, e nalgún intre da noite sen fin recúa para a casa. Durme o que pode. Esperta. A unidade do seu corpo e mente revélanlle que é o que ten que facer nada máis estrear ese 12 de outubro, a festa nacional. Vai ao retrete. Sinte escorregar cara a terra patria a herdanza da súa noite. Pensa, “Por Xxxpaña!!!”. Enféitase como pode e acode rápido á súa cita. Praza do Obradoiro, mediodía. Sinte con tanta intensidade a o seu amor patrio como a resaca no seu estómago enlamado. Fica nunha esquina e observa ao lonxe a guerra de bandeiras.
Ben si, un xesto por Xxxpaña, claro, e aínda teño logo que ir á aldea á comida de patrón, uf, o estómago, uf, Xxxpaña, si, ben, total, non hai moita xente, xa hai dabondo para darlles unha malleira a eses terroristas independentistas, en fin, eu xa cumprín, xa viñen ate eiquí, case que marcho durmir un cacho máis, Xxxpaña, Xxxpaña, ra, ra, ra…
Arquivado en Conde Roa, Costumismo, Independentismo, Política, PP, Rajoy
A carta do Quin
por Viriato
Querido presidente mago:
Quero que saibas que durante todo o ano fun un nacionalista bo, non discutín (de máis) cos meus socios de goberno, porque sei que che son ben queridos, despedín a ese asesor meu tan desagradable, vouche aprobar os orzamentos xerais do Estado, comín todo o que me serviron na cafetería da Xunta e, sobre todo, non deseñei un proceso de autodeterminación para romper España.
Por iso, pídoche que me traias as competencias de Tráfico, Salvamento Marítimo, centros de investigación, os arquivos históricos e museos e as pelas da Seguridade Social para pagarnos nós mesmos a Sanidade. Coido que o merezo, e xa mo prometeu o teu paxe, Jordi Sevilla, hai uns cantos meses. Xa sei que aínda hai quen o nega, pero é certo, non te me botes agora para atrás.
Con agarimo
Anxo Manuel Quintanan González
Postdata: A expedición de títulos de F.P. e a tramitación de bolsas podes metelas no cu, grazas.
Arquivado en Autogoberno, Quintana