Arquivos mensuais: Decembro 2007

A CIDADE DA CULTURA TEN MÁIS DUN MILENIO

! Longa vida o Galpón ¡ 

Os derradeiros achádegos arqueolóxicos atopados na catedral de Santiago, que se lle agochan a opinión pública non teñen que ver con Prisciliano nin con esos farrapos de gaitas.

O século XI fora un século turbulento nas terras hispánicas e tamén en Galicia. Diego Peláez arcebispo de Santiago era o verdadeiro gobernador destos lares pois a herdeira do noso reino dona Urraca, estaba máis ocupada na procura da unidade do Imperio hispánico que en permitir que Santiago e o Reino de Galicia chegasen a ser a cabeza da cristiandade de occidente como pretendía Peláez.

 

Diego Peláez, e Dona Urraca non moi agraciada pero sempre feminina. 

Este creara un ambicioso proxecto para trocar a Santiago na Alexandría de occidente e isto incluía unha catedral nova como todos sabemos pero tamén unha serie de bibliotecas, centros monásticos e escolas de traductores como nunca endexamáis se vira, e todo para competir coas sedes arcebispais de Braga e Toledo que xa remataran os seus proxectos, o estilo da competición esta das obras para os xogos olímpicos. Para isto pediu a colaboración dun arquitecto recoñecido de fama internacional o que lle prometeu o ouro e o mouro: Tratabase do mestre Mateo arquitecto de reconocida fama o longo de todo o camiño de Santiago e máis alá.

Mestre Mateo e o proxecto do arcebispado Toledano.

Pero os plans de Peláez se torceron, foi acusado de benefiarse dos estragos que os barcos dos Normandos producían nas nosas costas, e caeu en desgraza tanto así que o botaron do seu arcebispado. Os novos gobernadores entón de Galicia pasarían a ser o arcebispo Xelmírez e o Conde de Traba en tanto o Rei neno Alfonso non aprendese as dotes de bo goberno, e entre tanto os dous non souperon que facer co sobredimensionado proxecto de Peláez e se adicaron a intentar que o goberno do Imperio recoñecese a importancia do proxecto e lle adicase algúns maraberís.

O Rei Alfonso, o ambicioso arcebispo Xelmírez e o patriota Conde de Traba.

AVISO: Non vexades “Historias de Galicia” os Domingos a noite fumados, o Galpón non se fai responsable.

12 Comentarios

Arquivado en Cidade da cultura, Surreal, Uncategorized