Arquivos mensuais: Xaneiro 2008

O TERCEIRO DÍA RESUCITOU ?

O rexente do Galpón de Breogán.

Galegos e galegas a sangue derramada na area loitando do noso amado Delfín non foi en van ! Unha serie de homes de extensa traxectoria, de sacrifio altruistra pola patria galega e a xente humilde das nosas aldeas; está disposta a recoller ese último sinal do verdadeiro e auténtico sucesor e levalo os altares da nosa política coma se sangue de San Xenaro se tratase.

Os seguidores do antigo profeta chamado Pepe Cuiña estan a preparar dende o rural pontevedrés a creación dun novo partido nacionalista de centro que podería acadar 4 ou 5 escanos no noso parlamento e se convertiría así na visagra de PP e PSOE, para elo xa comenzaron os contactos con militantes do PP, Terra galega ( que nome tan bonito pra un partido ) e Partido galegista ( se Castelao levantara a cabeza ! )

Tendo en conta que gozan coa carta dun mártir para a súa causa o éxito do “marquetin” ( Unha cousa inventada por os nazis que consiste en facer que algo que é unha m…sexa a hostia é que adoitan a empregar moito as grandes empresas ) do novo partido pode ser exitosa. Pero que farán entón os nosos homes de azul claro que se converten entón nos máximos perxudicados neste “rimeic” dos oitenta: Dende o Galpón de Breogán tivémolo claro dende un principio e agora creemos que chegou o momento de sacar a bala na recámara do noso nacionalismo. Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Parlamento, Política, PP

HUMOR… CON TOURIÑO ? ( Unha tarefa difícil pero nós acadarémolo )

O rexente do GdB ( pinchar cara arriba deixar soar e misturar co que sigue ).

Recoñozamolo é moi difícil non se trata de Fraga: un Presidente que todos tíñamos na familia alguén que o imitaba, que deixaba algunha saída espontánea do que lle pasaba pola cabeza, e que ademáis os seus actos públicos eran innumerabeis co que era doado sacar algo en limpo del. Pero Touriño…buff !, fagamos un esforzo ! ( Ata aqui funciona a mistura ).

Emilio non é como Fraga cecais o revés. Nadie na vida pesou que un amigo de Abel Caballero chegaría tan lonxe, pero non só chegou a ser presidente da Xunta sen percorrer cada pobo de Galicia como fixera Don Manuel, se non que ademáis foi conseguindo cada vez máis votos a medida que melloraba o seu galego ( ” os ciudadanos de Galicia decidiron que chegou a hora do cambio”…frase pre-presidente da Xunta

).

 

 

 

Pero como un tipo tan aburrido chegou a presidente da Xunta ? Ou o que sucede é que é a testa visible dunha supermaquinaria perfectamente dirixida por Pepiño Blanco que o converte no auténtico capitán “Picard” da nave Galicia, capaz de chegar a unha paz duradeira cos “Klinglon” cousa que non fóra quen o seu predecesor o capián “Kirk Vázquez” que sempre vira os “Klingon” coma uns inimigos. A máis os seus conselleiros se comportan coma unha serie de esvirros que actúan sempre por baixo de el, e cando saen en público con Touriño miran cara os pes cando el fala como si se sentiran culpabeis de algo. Poría en práctica os seus talentos de psicólogo estalinista da universidade de Kiev aprendidos durante a sua etapa pro-soviética ? Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Humor, PSOE, Uncategorized

A MORTE DO BÓ (En lembranza de Pepe Cuíña)

por Moi Xordo

Galicia enteira estivo conmocionada este Nadal. A morte do actor principal dos clásicos do “Norgüestern” faleceu de súpeto, sen facer ruido, así era él: un home sinxelo…

Ese día 28 de Decembro escoitáramos a nova e pensamos por un minuto se era unha inocentada… en nada nos percatamos de que non, graza non tiña ningunha. Desaparece así fisicamente neste caso o bó dos tres caciques ancestrais que conseguiran darlle unha pouca de orde as tribais e anárquicas provincias perífericas que por aqueles anos oitenta eran Pontevedra, Lugo e Ourense. Música recomendada para seguir o texto, pinchade aquí .

O feito de que nos anos oitenta a telegaita nos enchera as tardes do domingo con filmes de vaqueiros non era casual, se trataba dunha manipulación subliminal e política de masa importada e estudada nos principais estudios cinematográficos dos USA. Neste caso trasladábase o “alter ego” dos nosos políticos máis famosos nos personaxes que máis se asemellaban dentro do xénero: entón en troques do río Miño teríamos de fondo o río Grande, California sería Coruña, Ourense e Lugo serían Arizona e Novo México e Pontevedra o salvaxe Texas, e ao outro lado do río xente morena, tranquila e con bigote. Manuel Fraga pasaría a ser ese “xerif” vello a piques de xubilarse pero que decide facer un esforzo polos seus paisanos e a xustiza, e volta o traballo. Este papel foi moitas veces representado por “Llon güein” na  súa extensa filmografía.

Seguir lendo

5 Comentarios

Arquivado en Política, PP