A MORTE DO BÓ (En lembranza de Pepe Cuíña)

por Moi Xordo

Galicia enteira estivo conmocionada este Nadal. A morte do actor principal dos clásicos do “Norgüestern” faleceu de súpeto, sen facer ruido, así era él: un home sinxelo…

Ese día 28 de Decembro escoitáramos a nova e pensamos por un minuto se era unha inocentada… en nada nos percatamos de que non, graza non tiña ningunha. Desaparece así fisicamente neste caso o bó dos tres caciques ancestrais que conseguiran darlle unha pouca de orde as tribais e anárquicas provincias perífericas que por aqueles anos oitenta eran Pontevedra, Lugo e Ourense. Música recomendada para seguir o texto, pinchade aquí .

O feito de que nos anos oitenta a telegaita nos enchera as tardes do domingo con filmes de vaqueiros non era casual, se trataba dunha manipulación subliminal e política de masa importada e estudada nos principais estudios cinematográficos dos USA. Neste caso trasladábase o “alter ego” dos nosos políticos máis famosos nos personaxes que máis se asemellaban dentro do xénero: entón en troques do río Miño teríamos de fondo o río Grande, California sería Coruña, Ourense e Lugo serían Arizona e Novo México e Pontevedra o salvaxe Texas, e ao outro lado do río xente morena, tranquila e con bigote. Manuel Fraga pasaría a ser ese “xerif” vello a piques de xubilarse pero que decide facer un esforzo polos seus paisanos e a xustiza, e volta o traballo. Este papel foi moitas veces representado por “Llon güein” na  súa extensa filmografía.

Entón aquí está o tema, “Klin isgud” non era outro que Pepe Cuíña nese personaxe ambigüo que vai facendo xustiza defendendo o feble pero que a vez actuaba dun xeito solitario, persoal e interesado. E que as leis do oeste son así, non coñecen de auténtica fraternidade e solidaridade; a saga do Bó, o Feo e o Malo son as que mellor representaban esa Galicia dos oitenta, o pacto entre estes tres foraxidos curtidos nos prados da terra significou durante moito o tempo o máis parecido a Lei que tíñamos no noso rural. Porque a poboación rural de Galicia e as súas costumes e tradicións estaban ameazadas polos coruños, os modernos ( no seu significado orixinal ), e en xeral por todos esos “pinflois” que non sabían apreciar un domingo de misa, o polbo a feira coa familia e a actuación dunha boa banda de gaitas.

Conscientes destas necesidades da nosa poboación máis achegada a terra nai, decidiron illar social e culturalmente a súa xente para que non se viran alteradas pola ameaza que a democracia  e as cidades supuñan as nosas aldeas perfectamente artelladas dende a época feudal, e non dubidaban en usar os seus revólveres cando intentaban roubar as súas vacas. Cuíña o Bó, fixera ca súa parte do botín na súa vila a auténtica “St. Louis” de Galicia, nudo de comunicacións, corazón e unión do rural e o industrial do país pero unha envexa para o resto dos revólveres do país. Iso si,  é un concello tractor e non os que anda a montar o señor Quintana !

Pero o Feo Baltar e o Malo Cacharro non eran como el, só compartían o apego a familia. Eles conscientes de que o seu revólver non era tan rápido traicionárono en canto viron o rescate que ofertaba o novo “xerif”. O feo sempre nervioso e cobizoso xogou coma sempre a dúas bandas e o Malo, o máis vello sempre engulindo as novas abellas raíña da súa colmea viu como o seu revólver non foi o suficientemente rápido desta vez, os anos e o virus do grilo Blanco fixerono acabar ante a xustiza e o seu fillo tivo que retirarse do territorio fai tempo como axudante do “xerif” en Ourense, co que somentes Ourense queda arestora como territorio virxe cheo de xentes humildes e bó corazón protexidos por un só home rápido co revólver.

 E eu que pensaba que estabas adestrando para voltar a loitar na area…¡ sniff !

5 Comentarios

Arquivado en Política, PP

5 respostas a “A MORTE DO BÓ (En lembranza de Pepe Cuíña)

  1. Zenone

    Xosé, canto te queremos agora que te fuches. Seguirás loitando coma un gladiador alá onde esteas…

  2. Wild North-West

    Outros paralelos, daquela, no western do fraguismo:

    – Os indios (habitantes orixinarios e hiperviolentos) = Os bloqueiros
    – Os vaqueiros / gandeiros (homes amantes do bon vivir en espazos abertos) = Os populares
    – Os colonos / agricultores (representantes do progreso e da civilización) = Os sociatas
    – Os mineiros (os máis violentos do far north-west) = Os sindicalistas

    – O exército da Unión = O goberno bipartito
    – O exército Confederado = O goberno fraguista

    – Cacerías de Bisonte = Churrascadas
    – Os pistoleiros = Os caciques

    Etc…

    Menos mal que todo era ficción…

  3. !!!

    Só unha puntualización “Llon Güein” en realidade, de toda a vida, sempre foi “Hon Baine” (con “h” aspirado, claro) ou, no seu defecto, “Ghon Baine”. Así o pronunciou meu avó toda a súa vida e así o pronuncia meu pai. É como o dos tractores, que non se chaman “Llondere”, como lle chaman hoxe os modernos, senón “Ghodere”. Ai!, que tempos aqueles nos que se dicía que un actor “traballaba ben”, coma se sachara no esterco. Agora “interpretan” e perdeuse toda a maxia.
    PD: grande felicidade polo regreso do Ghalpón.

  4. moixordo

    Moitas…e feo pedir pero máis feo e ser funcinario dun Concello ou Deputación galega; preciso de máis mensaxes coma este pra animar os meus sufridos camaradas que estan derrotados pola política laboral de Richi Varela ( Por a media Galiza a facer cursos do plan FIP e a outra media a traballar por 500 euros o mes ), e pola social e cultural dos señores azul claro axeitada a menores de 15 e maiores de 65.
    P.D: Este país precisa de xente que “traballe ben” coma ti !

  5. Pingback: O TERCEIRO DÍA RESUCITOU ? « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s