O TERCEIRO DÍA RESUCITOU ?

O rexente do Galpón de Breogán.

Galegos e galegas a sangue derramada na area loitando do noso amado Delfín non foi en van ! Unha serie de homes de extensa traxectoria, de sacrifio altruistra pola patria galega e a xente humilde das nosas aldeas; está disposta a recoller ese último sinal do verdadeiro e auténtico sucesor e levalo os altares da nosa política coma se sangue de San Xenaro se tratase.

Os seguidores do antigo profeta chamado Pepe Cuiña estan a preparar dende o rural pontevedrés a creación dun novo partido nacionalista de centro que podería acadar 4 ou 5 escanos no noso parlamento e se convertiría así na visagra de PP e PSOE, para elo xa comenzaron os contactos con militantes do PP, Terra galega ( que nome tan bonito pra un partido ) e Partido galegista ( se Castelao levantara a cabeza ! )

Tendo en conta que gozan coa carta dun mártir para a súa causa o éxito do “marquetin” ( Unha cousa inventada por os nazis que consiste en facer que algo que é unha m…sexa a hostia é que adoitan a empregar moito as grandes empresas ) do novo partido pode ser exitosa. Pero que farán entón os nosos homes de azul claro que se converten entón nos máximos perxudicados neste “rimeic” dos oitenta: Dende o Galpón de Breogán tivémolo claro dende un principio e agora creemos que chegou o momento de sacar a bala na recámara do noso nacionalismo.

Pero quen será ese novo líder que levará as masas do noso rural a ver a chegado dun novo caudillo victorioso:

En primeiro teríamos como non o señor Baltar, coñecido dende unhas semáns coma ” O feo “ o auténtico creador da visagra electoral dentro neste caso do propio PP e auténtica máquina de sachar votos parroquia a parroquia, armado do seu inseparable trombón e que leva anos reinando plácidamente en Ourense gracias o seu sistema de castes. Pero…pode ser que unha vez máis o seu amor paternal lle faga deixar o mando a una persoa da total confianza, o máis puro estilo da terra do licor café.

baltar_nano.jpg

En segundo lugar teríamos que buscar candidátos máis mediáticos o puro estilo “Sarcosí” que a súa imaxe de por sí xenere a confianza precisa os nosos votantes e ahí teríamos unha figura indubidable por enrriba de todas: Xose Ramón Gayoso. Claro é que o mellor o que precisaría o novo partido é unha imaxe máis moderna dacordo os novos tempos como esta persoa que conduce este novo programa cultural , ou cecais alguén ( No video e o primeiro home en falar tras AR ) con maior experiencia no trocante a suntos públicos e que dende fai pouco é un dos grandes e intelectuais tertuliáns de Ana Rosa Quintana. Este home ten obsesión polos Quintanas !

Pero tampou nos podemos esquecer da famosa saga de Ponteareas: os Castro, creadores do caciquismo o cadrado, cando o seu pai fora expulsado do PP por prevaricación e a súa filla o máis puro estilo dos Bhutto fundara a Unión Condado Paradanta para dar renda solta as aspiracións que unha familia  pertencente as forzas vivas dunha vila merece. Agora parece que Nava Castro, a filla do eterno alcalde, volta o PP pero tendo enconta esa traxectoria de idas e vidas non sería estrana a incorporación a novas opcións.

Pero cecais quen máis merece ese posto xa que logo é o auténtico herdeiro de Xulio César na liña sucesria non é outro que o actual alcalde de Lalín, como non podía ser doutro xeito, só el posue o cáliz onde se recolleu o sangue do noso profeta e respirou de preto as súas esencias e ensinanzas de bó goberno. Dende o Galpón de Breogán só nos podemos aledar de ter un novo actor político no noso panorama político que nos axudará a encher as liñas de este “blog” e así vengar os galenecos.

2 Comentarios

Arquivado en Parlamento, Política, PP

2 respostas a “O TERCEIRO DÍA RESUCITOU ?

  1. Pingback: QUEN IMOS A VOTAR « Galpón de Breogán

  2. Pingback: GALICIA 2025 « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s