Arquivos mensuais: Febreiro 2008

O MELLOR DO debatiño.

A Pantasma do GdeB

Este pasado mércores 27 de Febreiro, puidemos ver por primeira vez os líderes das 3 forzas políticas maioritarias de Galicia nun debate. Cun plató feito para ocasión (non como Fraga e Presedo que parecía que fixeran o debate no cuarto das basoiras da Telegaita) no claustro dun convento desos que hai en Santiago, e que non sei como se chama porque sempre que estou ahí é de noite. E no que os nosos líderes parecían máis ben que ían a participar nun concurso máis que nun debate, que conducía o outrora “muso fubolístico” da TVG Alfonso Hermida:

PRESENTACIÓN (Touri e Feijóo mirandose fíxamente, Quin como Forrest Gump esperando na parada do bus).

Hermida: Hoxe encheme de satisfacción e así o expresa a miña cara, presentar este debate histórico como non se vira dende o xuício a  Xesucristo no Sanedrín, ou cando  Xulio César cruzara o Rubicón.

Touri: Gustaríame saudar as familias víctimas da violencia de xénero, inda que sei que non me está a ver ningunha, pero sempre está ben para seguir contando co voto das mulleres que están máis fortes, e máis “rebustas” que fai 4 anos en Galicia.

Quin: Por fin vou sair na TVG e me vai ver alguén ! Eu tamén quero sacar votos entre as mulleres, e teño decir que se o BNG é decisivo en “Madrí ” enseñaremos a España enteira a tratar as mulleres como se merece.

Feijóo: Eu tamén quero saudalas familias nestes duros momentos, tamén a familia do garda civil morto no noso mar…pero tamén as nenas afectadas polo aceite de colza, as nenas víctimas da catástrofe de Chernovil, as nenas falecidas no Apolo XIII…

ECONOMÍA

Touri: Galicia vai de “puta madre” gracias a que gobernamos os socialistas, inda que recoñezo que hai unha crisis mundial, pero eso é tamén porque non goberno o Mundo. Quen ides traer para amañar o tema Sr. Feijóo: Aaaa…Pizarro ! Eseeeee… Que se levou todo o que puido de Endesa ?

Feijóo: Eso non é así  Sr. Touriño e sabeo, o primeiro pra amañar un problema e recoñecer que existe: Os datos din que o ano pasado pecharon mil empresas, a xente pide créditos pra mercar leite en Galicia e hipotecou por segunda vez a casa do can…

Quin: Pois eu xa que non me facedes caso non vos vou a facer caso a ningún dos dous…Ala ! Eso é o que deberían de facer tódolos galegos, e ter enconta que o BNG é único que defenderá o benestar de todos nós…e non ten que ver con que eu sexa o conselleiro do ramo. Seguir lendo

5 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Feijóo, PP, PSOE, Quintana, TVG

O CASTRISMO

A Rexencia ( Musiquiña pro texto*)

Os castros segundo a definición de López Cuevillas (1954) son “ recintos fortificados, de forma oval ou circular, provisto dun ou varios muros concéntricos, precedidos xeralmente do seu corresponde foxo , e situados, os máis deles, no cume de outeiros ou montañas”. O castro é polo tanto un espazo defensivo, como testemuña a presenza de muros e foxos pero tamén un lugar de residencia, o primeiro tipo de arquitectura estable de tipo doméstico e non funerario que existiu na historia de Galicia.

Entón o castrismo, non é outra cousa que a forma de vida dos castros, esta forma de vida nada en Galicia se caracteriza polo carácter defensivo e pechado das súas sociedas. Antigamente os castristas se subían o máis alto dun monte e facían uns muros do mellor xeito que podían para dende ahí destruir o inimigo imperialista, pero xa a mediados do século XX viron as posibilidades que podía ter crear as súas sociedades nunha illa, xa que logo os meirandes castros tiñan foxos con auga; e inda máis adiante as que podía dar un urbanismo salvaxe e sen senso, como estructura defensiva contra os de fóra como no caso de Ponteareas que foron do castro os Castro.               

Outra das carácteristicas importante é que se trata de sociedades tribais e guerreiras, gobernadadas por os chamados xefes o líderes que normalmente se escollen entre os máis vellos é expertos.     

                                                                                                        

Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Fraga, Municipais, Política, Uncategorized, Urbanismo

AO ABORDAXE !

A pantasma do GdeB

Os nosos Bancos galegos, esos nos que todalas familias temos un primo traballando que non se sabía para que valía, ata que apareceu un día de traxe nunha cea familiar falando de plans de pensións ( Se se non o tedes ese primo quere decir que a vosa familia lle falta “glamour”, polo que é moi probable que teñades que emigrar ).

E as nosas Caixas ( Menos a rural de Lugo que é de auga doce ) que se distinguen dos bancos, en que ademáis de ese primo é moi probable que estivera o tío, e o tío-avó traballando nelas antes, e que teñen unha cousa que se chama “obra social”. Consistente en pagar unha serie de actos culturais, que se desenrolan normalmente na parte de Galiza que teñen menos clientes, e que os levan acabo os outros primos, pero neste caso en troques de estudar empresariales estudaron belas artes ou teñen unha banda folk.

Ambalas dúas decidiron, como se pode ver aqui, invertir os beneficios do saqueo que fixeron en terra, grazas os préstamos e hipotecas feitas estes anos; e se botarán o mar da mesma forma que Erik o Bermello, ou o propio Breogán, ou como a Crimson permanent assurance fixera xa fai anos. Pero esto xa se vía vir despois de tanto tempo patrocinando “reeghatass”, e cursos de capitán deportivo para directivo, só lle faltaba crear unha flota e hai entran os nosos asteleiros e Mar Flores…digo Fernández Tapias.( Que é un tipo importante inda que teña nome de chapuzas a domicilio ). Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Catástrofes, Costumismo, Moda, Vivenda

UN PASO CARA ATRÁS DO EXPANSIONISMO GALEGO

A rexencia

O pasado 11 de Febreiro os homes sen compromiso do pequeno concello lugués de Cervantes, todo un concello do século de ouro,  quedaron sen caravana de mulleres e Super Piñeiro sen o seu futurible premio “pulitzer” co programa “reallity” que tiña preparado pra deleitar a súa parroquia.

Segundo contaba Fernanda Follana (si… que pasa ! ) neste xornal: No pobo non se falaba doutra cousa, o propio alcalde do PSOE ía a participar na actividade xa que el se atopaba entre os “homes sen compromiso do lugar” e xa tiña acondicionado o polideportivo do pobo pra un recibimento gastronómico como se merece co seu conseguinte baile. Seguir lendo

3 Comentarios

Arquivado en BNG, Costumismo, Estatuto, Lugo, TVG

IÑORANTES, FÉRIDOS, DUROS, IMBÉCILES E ESCUROS ( no obelisco da Coruña entrada de balde )

 A Rexencia

Este venres oito os amigos da “Mesa por la libertad linguística”, a mesma xente que pedía sinaturas para que se dera relixión nas escolas, e agora as pide para que os seus fillos non lle dea por falarlles en galego na casa. Tiveron unha concentración: 150 homes e mulleres no obelisco da Coruña supostamente pola defensa do bilingüismo en Galiza que berraban: ! Viva España ¡, ! Libertad, libertad ¡ ( Berros relacionados de sempre coa defensa do bilingüismo e que últimamente van moi unidos ). E  doutro lado 200 xóvenes nacionalistas e independentistas xuntados polo boca a boca: ¡ Galiza en galego !, ¡ A cultura é a nosa alma ! ( Aquí se nota que a superioridade literaria nacionalista ).

Todo isto segundo un diario en castelán editado na Coruña, que supoño non será sospeitoso de estar influido por esa nacionalización a fume de carozo que está a suceder no país, pola influencia do BNG sobor da Xunta e da que me chegaron novas dela dende fóra de Galiza. Porque parece ser que nós estamos tan alienados que non nos dimos de conta segundo decía outro diario Madrileño,  ( donos italianos ) que aseguraba iso. Todo por mor de que decatáronse este vrao, esos avezados periodistas despois de 130 anos , de que o Himno de Galiza fala dos que non coñecen o galego coma “iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros”, claro… como en tódolos concellos estaba a bandeira de España non tiñan outro tema mellor. Agora se entende as explicacións que tivo que dar Quintana en Madrid ante o xentío escandalizado da batasunación galega liderada por este enfermeiro de Allariz !

10 Comentarios

Arquivado en Lingua, Moda

A NOVA ESTÉTICA DA UPG NON GUSTA A TODOS

A Rexencia Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en BNG, Orgullo gay, Política, Surreal, Terrorismo