IÑORANTES, FÉRIDOS, DUROS, IMBÉCILES E ESCUROS ( no obelisco da Coruña entrada de balde )

 A Rexencia

Este venres oito os amigos da “Mesa por la libertad linguística”, a mesma xente que pedía sinaturas para que se dera relixión nas escolas, e agora as pide para que os seus fillos non lle dea por falarlles en galego na casa. Tiveron unha concentración: 150 homes e mulleres no obelisco da Coruña supostamente pola defensa do bilingüismo en Galiza que berraban: ! Viva España ¡, ! Libertad, libertad ¡ ( Berros relacionados de sempre coa defensa do bilingüismo e que últimamente van moi unidos ). E  doutro lado 200 xóvenes nacionalistas e independentistas xuntados polo boca a boca: ¡ Galiza en galego !, ¡ A cultura é a nosa alma ! ( Aquí se nota que a superioridade literaria nacionalista ).

Todo isto segundo un diario en castelán editado na Coruña, que supoño non será sospeitoso de estar influido por esa nacionalización a fume de carozo que está a suceder no país, pola influencia do BNG sobor da Xunta e da que me chegaron novas dela dende fóra de Galiza. Porque parece ser que nós estamos tan alienados que non nos dimos de conta segundo decía outro diario Madrileño,  ( donos italianos ) que aseguraba iso. Todo por mor de que decatáronse este vrao, esos avezados periodistas despois de 130 anos , de que o Himno de Galiza fala dos que non coñecen o galego coma “iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros”, claro… como en tódolos concellos estaba a bandeira de España non tiñan outro tema mellor. Agora se entende as explicacións que tivo que dar Quintana en Madrid ante o xentío escandalizado da batasunación galega liderada por este enfermeiro de Allariz !

Pero este xornal xa era famoso por inventar viaxes de Felipe González a Marrocos que lle custaran o posto a algún ministro ou tramas que relacionan a ETA con Al-Qaeda. O que admiramos de ese panfleto humorístico de moitas follas é a capacidade inventiva e imaxitiva que é capaz de crear nas mentes máis vellas, enfermas e ignorantes creando nelas a sensación permanente de que existen xentes escuras agochadas en afastados montes que planean constantemente destruir a súa sociedade, e que se non fora por eles e o seu xornal andarían por ahí sen saber da verdadeira realidade o que os converte en confidentes e heróes previo pago, do mesmo xeito que pretendemos no Galpón de Breogán pero a nivel galego só que eles con maior e mellor éxito.

Conotacións a parte de xuntarse perante un símbolo tan masónico e fálico, como o obelisco dunha cidade que antigamente era a sede da “Real audiencia de Galicia” encargada da doma e castración galegas; o problema estivo na carga policial da policía nacional que foi neste caso sobor os xóvenes que conformaban un exército de pandereteiras e bailaríns de muiñeira dirixido por un misterioso home de mediana idade e pouco pelo segundo din os da “Mesa” na súa web…Quen será o misterioso home: Rubén Cela, Baltarín ? No GdeB non estamos dispostos de ningún xeito a que se estrague o paseo marítimo e arredores coa sangue de ningunha persoa, que vai pensar Paco cando volte !

Esta moi claro que os policías e os da “Mesa”  se sentiron ameazados polos movementos agresivos que compoñen esa misteriosa danza que é a muiñeira para os estranxeiros, co que non lle quedou outra que pedir a axuda das forzas de seguridade. Pero todos estos problemas de comunicación desaparecerán se lle votamos a Rajoy, xa sabedes que “con Rajoy es posible y con Carrefour también”:

En primeiro lugar os estranxeiros que non aprendan as costumes é idioma serán expulsados polo que tanto os da “manifa”e os policías debían de irse pondo o día, tamén os medios de comunicación galegos, as grandes empresas en canto política de persoal…entón os nosos xóvenes non teran que saír a rúa a educar a esta xente tan “iñorante” facendolle perder o tempo que podía empregar en aprender Chino. Porque en segundo lugar, con  Rajoy todo o mundo en poucos anos falará Chino ou Inglés e estos problemas comunicartivos parvos desaparecerán; iso sí o país se dividirá en maoistas e neocons, que non quere decir que non se poidan entender… todos menos os coruñeses que seguirán falando castelán .

10 Comentarios

Arquivado en Lingua, Moda

10 respostas a “IÑORANTES, FÉRIDOS, DUROS, IMBÉCILES E ESCUROS ( no obelisco da Coruña entrada de balde )

  1. bravo, tan inxeniosos coma sempre, parece mentira que na Galiza do ano 2008 teñemos rifas polo tema da língua a empregar nas escolas ou coa que falarlles aos nosos fillos, a cousa estes dias vai a peor e non sei como vai rematar, están a poñer ao nacionalismo galego como o artífice de esta crispación que estamos a viver, o colmo foi hai dous dias en Vigo, esta xente de G.B. parece que non saben que o idioma galego está en claro retroceso e que o castelán para nada está sendo maltratado, moi ao contrario, está máis forte ca nunca.

    Un saúdo

  2. moixordo

    No estatuto ven ben claro que “o idioma propio de Galicia é o galego”…en fin hai que ter paciencia cos iñorantes.

  3. y en la constitución de 1978 también: el castellano es la lengua española oficial del Estado, todo español tiene el deber de conocerla y el derecho a usarla.
    Y ES el art 2 de la CE del que emenana los estautos de autonomía, por tanto, están por debajo de la CE, norma suprema de nuestro ordenamiento jurídico… en fin hai que ter paciencia cons iñorantes.

  4. moixordo

    Eu a coñezo…pero a lingua propia de Galiza e o galego e se a CE lle da as competencias sobre lingua a CC.AA. e educación, e os estatutos desenrolan as competencias que lle son otorgadas…hai que saber relacionar as leis: A lei especial e particular se superpon a xeral, sobor de todo cando así o expresa a propia Constitución. O problema que tedes é ese que so coñecedes o capítulo un da CE, esta ben a maioría non pasa do preámbulo.

  5. el caso es que conozco bastante más del título preliminar (que no 1ro que el “de los españoles y los extranjeros”) que el estatuto desarrolle competencias no exime de la norma general que es un derecho constitucional a hablar el castellano en cualquier parte del territorio.

  6. entre otras cosas porque tengo un máster en derecho constitucional

  7. moixordo

    Xa ben, me aledo de poder discutir deste tema amablemente o fin esta é un blog de humor. Pero ese art. que citaches da unha preponderancia o castelán polo que non creo que faga falla moito defendelo, de ahí o éxito desa convocatoria…
    Pero pra facelo doado: Se se dan 10 asignaturas no instituto 8 en galego máis castelán e inglés por ex.
    O castelán se sigue a coñecer e o dereito a falar castelán non desaparece.
    O que si cambia é que a lingua de comunicación na educación pasa a ser o galego, pero joe xa é castelán en na universidade e na maioría de sitios onde está o poder é os cartos.
    Isto xa sucedeu en Cataluña fai 20 anos co que é non vulnera a CE como comprederás así se pronuncia o TC, ademáis o réxime das autonomías é progresivo segundo a propia CE co que co paso do tempo, a Xunta iría decidindo máis cousas nese senso. Abonda con que haxa uns partidos diferentes para cambiar as liñas na educación pero ata agora todolos partidos estaban por a defensa do galego frente a preponderancia do castelán…non?

  8. si, hasta ahora todos los partidos en galicia defendían la legislación en normalización, de ahí que la primera ley fuera del PP. Ahí no hay discrepancias.
    En opinión no estoy de acuerdo contigo; pero los razonamientos que usas si que me convencen; gracias por haber debatido conmigo en términos tan civilizados, últimamente se echan en falta.
    Un abrazo

  9. sihomesi

    Si señor, plas plas ós dous. Por certo, David, felicidades polo máster en dereito constitucional, e pola acertada análise do debate ZP-MR que fai no seu blog (eu só precisaría que “embite” é con v, e polo tanto, con n, “envite2, porque non vén de embestir, aínda que o pareza)

  10. Pingback: “IÑORANTES, CATÓLICOS E FASCISTAS” « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s