UN PASO CARA ATRÁS DO EXPANSIONISMO GALEGO

A rexencia

O pasado 11 de Febreiro os homes sen compromiso do pequeno concello lugués de Cervantes, todo un concello do século de ouro,  quedaron sen caravana de mulleres e Super Piñeiro sen o seu futurible premio “pulitzer” co programa “reallity” que tiña preparado pra deleitar a súa parroquia.

Segundo contaba Fernanda Follana (si… que pasa ! ) neste xornal: No pobo non se falaba doutra cousa, o propio alcalde do PSOE ía a participar na actividade xa que el se atopaba entre os “homes sen compromiso do lugar” e xa tiña acondicionado o polideportivo do pobo pra un recibimento gastronómico como se merece co seu conseguinte baile.

Algúns solteiros xa tiñan todo preparado: “Se podo quédome cunha. Dame igual como sexa, con tal de que sexa boa. Vou ir ben limpo e cun xersei bon, pero non de traxe”. Tamén se conta que os rumores apuntaban a que as mulleres serían cubanas co que outros aseguraban:”Eu prefiro unha fea de aquí, que unha guapa de fóra”, si amigos o triunfo da calidade galega dende Negreira a Cervantes directamente, e eu pensaba que serían de leite Río. E por último os que se explicaban o estilo galego, é decir coa precisión dun cirurxián: “as mulleres son todas iguais; unhas altas e outras baixas, pero teñen as mesmas cousas”…claro, claro as “mesmas cousas”.

Pero unha man azul clara frustrou o triunfo da calidade galega e do amor, o seu nome: Paz Abraira candidata do BNG o congreso por Lugo, ela foi a que comenzou a pararlle os pés o alcalde socialista e a Super Piñeiro debido a que para ela este baile e convite de 50 mozas para 500 solteiros se trataba de: “tratar as mulleres como gando”, home por ser de Lugo e saber moito de vacas non quere decir que traten as mulleres igual, é así como pide o voto dos seus paisanos ! Pero facendo ouvidos xordos as necesidades básicas do seu pobo, demandaba  dos  socialistas que lle deran un toque de atención o alcalde de Cervantes.

Dende o Galpón de Breogán expresamos a nosa profunda decepción pola actitude da nomeada candidata do BNG, e non nos podemos calar ante este érro sen comparanza do noso nacionalismo:

En primeiro lugar o BNG cando se estaban a valorar os diferentes proxectos de novo Estatuto deixou claro a súa intención de poder incorporar nun futuro diferetes concellos lindeiros de Zamora e León, entón canta máis población agrupemos na fronteira máis doada será a asimilación !

En segundo lugar, pensaron no envellecemento do rural lugués ! Como van facer para animar a estos solteiros a adoptar nenas chinas se non lle deixan a posibilidade de facer nenos eles mesmos.

 Novo exército galego co toque de Cervantes.

Por último pensaron nas bondades de unha nova raza de lugueses-cubanos adestrados na súa mocidade pola revolución ? As novas posibilidades que se lle abrirían a Galiza para a súa garda irmandiña, e quen sabe; un futuro exército galego de apolíneos e musculados mulatos capaces da victoria eterna tanto en monte coma en sabana. Un fracaso para o noso nacionalismo que este alcalde socialista do rural lugués teña máis visión de futuro patriótica.

Advertisements

3 Comentarios

Arquivado en BNG, Costumismo, Estatuto, Lugo, TVG

3 respostas a “UN PASO CARA ATRÁS DO EXPANSIONISMO GALEGO

  1. Home, os solteiros tamén podemos atopar mulleres sen que as traian metidas nun bus. Que ten que a caída da poboación con isto? Ou é que se ían producir 500 matrimonios e deses 500, 350 ían ter fillos? Deixade a demagoxia. As caravanas denigran a calquera persoa, sexan homes ou mulleres. Pero que curioso que de homes non as hai! Moi ben, Paz. Fuches a única que te atreviches a dicilo. E as asociacións feninistas onde estaban?

  2. Pingback: O GALETREN « Galpón de Breogán

  3. Pingback: Subvencións e pornografía en Lugo. « Galpón de Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s