AO ABORDAXE !

A pantasma do GdeB

Os nosos Bancos galegos, esos nos que todalas familias temos un primo traballando que non se sabía para que valía, ata que apareceu un día de traxe nunha cea familiar falando de plans de pensións ( Se se non o tedes ese primo quere decir que a vosa familia lle falta “glamour”, polo que é moi probable que teñades que emigrar ).

E as nosas Caixas ( Menos a rural de Lugo que é de auga doce ) que se distinguen dos bancos, en que ademáis de ese primo é moi probable que estivera o tío, e o tío-avó traballando nelas antes, e que teñen unha cousa que se chama “obra social”. Consistente en pagar unha serie de actos culturais, que se desenrolan normalmente na parte de Galiza que teñen menos clientes, e que os levan acabo os outros primos, pero neste caso en troques de estudar empresariales estudaron belas artes ou teñen unha banda folk.

Ambalas dúas decidiron, como se pode ver aqui, invertir os beneficios do saqueo que fixeron en terra, grazas os préstamos e hipotecas feitas estes anos; e se botarán o mar da mesma forma que Erik o Bermello, ou o propio Breogán, ou como a Crimson permanent assurance fixera xa fai anos. Pero esto xa se vía vir despois de tanto tempo patrocinando “reeghatass”, e cursos de capitán deportivo para directivo, só lle faltaba crear unha flota e hai entran os nosos asteleiros e Mar Flores…digo Fernández Tapias.( Que é un tipo importante inda que teña nome de chapuzas a domicilio ).

Superestructura=
Infraestructura=

Para eso emplearan o botín creado dende fai uns anos: Xa que a economica xirou no pasado ao redor de que os papas sacaran os cartos do banco para esa segunda vivenda, na costa ou na aldea. Feita por constructores con cartos prestados polos propios bancos e caixas onde estaban os cartos dos papas, e inda porriba os constructores se encargaron de blanquear os cartos negros ou “b”, sen ter que enzoufarse as mans os Bancos como noutros tempos.

Despois, bancos e caixas voltaron a ingresar cartos o pedir os seus nenos as hipotecas para non vivir en pecado, nin en esperimentos sociais estranos e o administrar os beneficios dos propios construcctores; eso sí sacando desta vez  beneficio, para que os fillos queden con algo que co paso do tempo non vale o que pagaron, un negocio redondo coma a pedra dun muíño para maior gloria da nosa futura armada.

Pero… esta nova flota financiada co capital galego, que será feita na súa maior parte nos asteleiros galegos, que é bo do tema por que poderemos seguir tendo o tema dos asteleiros para posteriores textos…a outra parte da flota que barcos serán:

 Serán vellos petroleiros rusos de bandeira das Bahamas, con tripulación indonesia e capitán grego que a semade traballarían para empresas de capital  lituano, que teñen a súa sede social por exemplo en Xibraltar ?

Deixar un comentario

Arquivado en Catástrofes, Costumismo, Moda, Vivenda

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s