O MELLOR DO debatiño.

A Pantasma do GdeB

Este pasado mércores 27 de Febreiro, puidemos ver por primeira vez os líderes das 3 forzas políticas maioritarias de Galicia nun debate. Cun plató feito para ocasión (non como Fraga e Presedo que parecía que fixeran o debate no cuarto das basoiras da Telegaita) no claustro dun convento desos que hai en Santiago, e que non sei como se chama porque sempre que estou ahí é de noite. E no que os nosos líderes parecían máis ben que ían a participar nun concurso máis que nun debate, que conducía o outrora “muso fubolístico” da TVG Alfonso Hermida:

PRESENTACIÓN (Touri e Feijóo mirandose fíxamente, Quin como Forrest Gump esperando na parada do bus).

Hermida: Hoxe encheme de satisfacción e así o expresa a miña cara, presentar este debate histórico como non se vira dende o xuício a  Xesucristo no Sanedrín, ou cando  Xulio César cruzara o Rubicón.

Touri: Gustaríame saudar as familias víctimas da violencia de xénero, inda que sei que non me está a ver ningunha, pero sempre está ben para seguir contando co voto das mulleres que están máis fortes, e máis “rebustas” que fai 4 anos en Galicia.

Quin: Por fin vou sair na TVG e me vai ver alguén ! Eu tamén quero sacar votos entre as mulleres, e teño decir que se o BNG é decisivo en “Madrí ” enseñaremos a España enteira a tratar as mulleres como se merece.

Feijóo: Eu tamén quero saudalas familias nestes duros momentos, tamén a familia do garda civil morto no noso mar…pero tamén as nenas afectadas polo aceite de colza, as nenas víctimas da catástrofe de Chernovil, as nenas falecidas no Apolo XIII…

ECONOMÍA

Touri: Galicia vai de “puta madre” gracias a que gobernamos os socialistas, inda que recoñezo que hai unha crisis mundial, pero eso é tamén porque non goberno o Mundo. Quen ides traer para amañar o tema Sr. Feijóo: Aaaa…Pizarro ! Eseeeee… Que se levou todo o que puido de Endesa ?

Feijóo: Eso non é así  Sr. Touriño e sabeo, o primeiro pra amañar un problema e recoñecer que existe: Os datos din que o ano pasado pecharon mil empresas, a xente pide créditos pra mercar leite en Galicia e hipotecou por segunda vez a casa do can…

Quin: Pois eu xa que non me facedes caso non vos vou a facer caso a ningún dos dous…Ala ! Eso é o que deberían de facer tódolos galegos, e ter enconta que o BNG é único que defenderá o benestar de todos nós…e non ten que ver con que eu sexa o conselleiro do ramo.

INFRAESTRUCTURAS

Feijóo: Vostedes Sr. Touriño non cumpliron o Plan Galicia, que estiveramos facendo eu e Fraga toda unha tarde con tanto cariño. Ademáis teño aquí unha serie de fotocopias da Voz que me fixo a secretaria, que din que vostede minte señor Touriño, dixo que o AVE chegaría no 2007 e chegará a este ritmo pra o enterro de Fraga.

Touriño: Voulle ensinar un gráfico molon… mire, mire o PP azul e o PSOE o bermello ! Esta moi claro que cadrados son os máis grandes, ó certo é que nos invertimos máis en catro anos nas impresoras da Xunta que vostedes en 15: Que cores ! Que resolución !

Quin: O certo é que o ser o BNG decisivo en “Madri” conseguimos o 8% da inversión do Estado, e eso é certo porque teño aquí unha foto de como amarro a ZP polo pescozo e se ve claro que empeza a respirar con dificultade.

ESTATUTO

Feijóo (Xa máis despeinado en actitude chuleta): Vamos a ver todo mundo sabe que a culpa de que non haxa Estatuto é do Sr. Touriño, porque eu xa fora a libreria encuadernalo… que teño aquí a factura que me dixera que a pagábamos os dous, e que a fin paguei eu. Cando voltei xa cambiara de opinión e España xa non era unha nación.

Touriño:  Mire Sr. Feijóo non vaia de chuleta porque eu estou careco e levo tupé, todos sabíamos que vostede estaba dacordo en facer un Estatuto como o de Cataluña e está Quin de testigo. O que pasa é que Rajoy mandouche o móvil as fotos das testas de Piqué e Matas pinchadas nun pau cando fuches a libreria.

Quin: Eso ! E o peor de todo que me deixaches quedar mal cos meus amigos de Ciu e PNV, esta claro que xa non sabedes facer o polvo e as empanadas como na época de Don Manuel e non ides a ningunha parte Sr. Feijóo.

POLÍTICA SOCIAL

Quin: Eu penso que a Galiza lle fai falla obter o 10% do fondo destinado as políticas de dependencia e benestar dos nosos maiores, polas singularidades propias de Galiza e porque a política anterior do PP nese ámbito eran unha bosta ben grande Sr. Feijóo.

Touri: A nena que vai a escola en Galicia ten transporte público, ten unha praza no comedor, poderá estudiar idiomas en Inglaterra, terá duas carreiras…inda que logo marche a traballar de policía Alxeciras. Que fixo o PP polas nenas todos estes anos Sr.Feijóo ?

Feijóo (Para sí mesmo: Quen me mandaría a min aceptar este debate co tema este o final ): Ben é…(moi rápido)nosfixemosmoitospostosdetraballovievendasbenestar…e fun a boda dun paisano que era gay e do PP Señores.

5 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Feijóo, PP, PSOE, Quintana, TVG

5 respostas a “O MELLOR DO debatiño.

  1. J. Cuaq

    ¡Pero qué grandes sois!

  2. moixordo

    E vinganza polo que lle fixeron os galenecos que nos envenena pouco a pouco.

  3. O debatinho “real” foi menos divertido, eu queria um com galenhecos.

  4. Passava por Aqui

    Muhahahahahahaha! Sodes grandiosos!

  5. dabochín

    esplendestacular

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s